Ourensania
noviembre 10

A CORAL DE RUADA, PREMIO OURENSANÍA 2026
Acto institucional de entrega dos Premios Ourensanía 2026
A Coral De Ruada foi distinguida co Premio Ourensanía 2026, un recoñecemento que pon en valor a súa longa traxectoria e o seu compromiso coa conservación, difusión e promoción da música, da cultura e das tradicións galegas.
A entrega deste galardón terá lugar no marco do acto institucional dos Premios Ourensanía 2026, unha celebración especialmente significativa para a nosa agrupación, que recibe con enorme orgullo e gratitude esta distinción.
Un premio que é de todos os que fixeron, fan e seguirán facendo posible a historia da Coral De Ruada.


