Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

CONCERTO DOS AMIGOS 2026

junio 20
Cartel.jpg 2

Como cada ano, a Coral De Ruada celebrará o seu tradicional Concerto dos Amigos, unha cita xa consolidada no calendario cultural da entidade e moi agardada por socios, simpatizantes e amantes da música.

O concerto contará coa participación da Coral De Ruada, acompañada polas súas escolas de instrumentos e de baile. Tamén participará a pianista Irma Fernández, colaboradora habitual da formación.

Como grupo convidado desta edición actuará a Banda Música e Cultura de Galicia, que se sumará a esta celebración musical compartindo escenario coa Coral De Ruada.

Durante o acto terá lugar tamén a tradicional entrega de distincións, un momento especialmente emotivo no que a entidade renderá homenaxe e recoñecemento os coralistas.

📅 Venres, 20 de xuño de 2026
🕡 20:00 horas
📍 Teatro Pincipal de Ourense

Detalles