MISA FUNERAL EN MEMORIA DOS ANTIGOS CORALISTAS, FAMILIARES, COLABORADORES E AMIGOS DA CORAL
A Coral De Ruada ten unha cita anual para lembrar aos antigos coralistas, ás súas familias, colaboradores e amigos. A misa funeral celebrarase na Igrexa Santa María Nai e será oficiada polo deán da Catedral José Pérez Domínguez.