Durante este sábado 31 de agosto vaise a celebrar o 100 aniversario da primeira homenaxe ao gaitero, musicólogo e farmacéutico Perfecto Feijoo celebrada en 1919 en Pontevedra.
Será a partir das 13:00 horas na Praza da Ferrería de Pontevedra e participarán os catro coros Históricos Galegos, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Coral De Ruada de Ourense, Cantigas da Terra da Coruña e Real Coro Toxos e Frores de Ferrol.
Organiza o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra