28 DE FEBRERIO. NOMEAMENTO DE BENITO LOSADA COMO FILLO ADOPTIVO DA CIDADE

O Concello de Ourense rendeu o 28 de febreiro do 2019, homenaxe a BENITO LOSADA, fillo adoptivo da cidade, nun acto institucional no salón de plenos en presenza da Corporación municipal, familiares e amizades do que fora director da Casa da Mocidade e axente dinamizador cultural da cidade.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, entregou ao fillo, Anxo López o pergamino co que o Concello recoñece a achega dun home que quixo e soubo ser axente comprometido, vocacional e dinamizador da cultura na nosa cidade. Que ao longo dunha longa, constante e diversa traxectoria impulsou proxectos, alentou iniciativas e animou a moitos ourensanos e a moitas ourensanas, principalmente xente nova, a crer na cultura e na expresión artística, e a apostar polo asociacionsimo, a atopar neles un modo de vida e unha forma de desenvolvemento artístico ou persoal, e ao mesmo tempo unha forma de enriquecer social, cultural e sentimental á nosa cidade.
Os actos de homenaxe continuaron na Casa da Mocidade, onde se descubriu unha placa en recordo do que fose director da entidade e que contou coa actuación da Coral de Ruada.