Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
2000
Preséntase o novo director, Juan José Rumbao Requejo, o día 13 de xullo.
O 22 de xullo, nova viaxe a Zarautz (Guipúzcoa) para actuar na Igrexa de Santa María a Real co gallo do “XVII Día de Galicia en Zarautz”. Foi o primeiro concerto dirixido polo novo director.
Nova xeira por terras andaluzas, participando nas “XLI Jornadas Gallegas” organizadas polo Lar Gallego de Sevilla. Realizáronse actuacións en Sevilla, Huelva e Alcalá de Guadaira. Homenaxeouse coa insignia de ouro da CORAL á ex-coralista e presidenta do Lar Gallego de Sevilla, María Teresa Rodríguez.

2001
Nova viaxe a Portugal para ofrecer un concerto en Guimaraes (Portugal), organizado pola Cámara Municipal da cidade con motivo das “Fiestas Gualterianas”.
Participación en Celanova na homenaxe ó gaiteiro e zanfonista, vinculado no seu momento á CORAL DE RUADA, Faustino Santalices e ó Gaiteiro de Penalta.
Homenaxe, coa concesión da insignia de ouro da CORAL e o título de Coralista de Honra, a Monseñor Miguel Anxo Araúxo Iglesias, Bispo emérito de Mondoñodo-O Ferrol.

2002
En febreiro, despois da celebración da asemblea xeral, dimite o presidente Manuel Rego Nieto e substitúeo, provisionalmente, o vicepresidente primeiro Eladio Quevedo Almoína. En decembro celébrase unha asemblea xeral extraordinaria en que se refrenda a Eladio Quevedo Almoína como presidente da CORAL DE RUADA.
O Real Coro Toxos e Froles do Ferrol crea o premio “Manuel Lorenzo”, en memoria do gaiteiro fundador do coro ferrolán, para recoñecer o labor a prol da música tradicional galega. Na súa primeira edición, o premio concédeselle á CORAL DE RUADA, que viaxa á cidade departamental para recibilo e ofrecer un concerto, xunto co coro irmán.
A CORAL DE RUADA participou na Misa de toma de posesión de Monseñor Luís Quinteiro Fiúza como Bispo de Ourense.

2003
Concerto no teatro Principal de Pontevedra co gallo do “Ano de Alexandre Bóveda” organizado polo concello pontevedrés.
Participación no acto institucional, no salón de plenos da Deputación Provincial, do nomeamento, a título póstumo, como “Fillo Predilecto da Provincia de Ourense) do escritor Carlos Casares.
Participación na gravación, no teatro Principal de Ourense, do CD “Cantigas do mar”, xunto coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, o Real Coro Toxos e Froles do Ferrol e Wenceslao Cabezas “Polo”.
Concerto no teatro Principal de Ourense, organizado pola CORAL DE RUADA, para recadar fondos con destino ás víctimas do “Prestige”. Participaron, coa CORAL, o Real Coro Toxos e Froles do Ferrol, as pandereteiras de Gradaílle e a Escola de Danzas da Deputación.
Co gallo da presentación do libro do coralista Xaquín Vales “Canto mariñán ou canto do mar?” no Centro Cultural Avenida da Rúa (Ourense), actuación da CORAL.
DE RUADA ten diversas actuacións en solitario e na compaña do Real Coro Toxos e Froles do Ferrol, a Real Banda de Gaitas de Ourense e o pandereteiro Wenceslao Cabezas “Polo”, nun magno programa da Televisión de Galicia realizado no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela con motivo da celebración do Día de Galicia.

2004
Asamblea Xeral coa reelección de Eladio Quevedo Almoína como presidente.
Roda de prensa no Centro Cultural da Deputación para dar a coñecer o programa de actividades do ano 2004, ano en que se cumple o 85º aniversario da CORAL DE RUADA.
Unha representación institucional da CORAL DE RUADA participou na homenaxe da Real Academia Galega ó escritor e fundador da CORAL Xabier Prado “Lameiro”. O acto tivo lugar na sede da RAG, na Coruña.
CORAL DE RUADA viaxa de novo a Asturias, concretamente a Gijón, onde ofreceu un concerto na Igrexa Parroquial de San José e cantou na Basílica do Sagrado Corazón unha misa oficiada polo Arcebispo de Oviedo, ex-bispo de Ourense, Carlos Osoro Sierra.
CORAL DE RUADA participou no acto institucional da Real Academia Galega que tivo lugar no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense o día 17 de maio pola mañá, co gallo de homenaxear o etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo “Xocas” (ex vicepresidente da CORAL) a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas.
Realización do Camiño de Santiago, pola Vía da Prata, actuando no Auditorio da Hospedería de Fonseca de Salamanca, na Igrexa Nova de Xinzo de Limia e na Catedral de Santiago de Compostela, onde cantou a Misa do Peregrino oficiada polo Bispo de Ourense, Monseñor Luis Quinteiro Fiúza.

2005
Dez anos despois da publicación do seu anterior traballo “Cando o Miño chega a Ourense”, CORAL DE RUADA gravou outro CD recompilatorio, que recolle un total de dezanove temas de distintos estilos, co nome de “Sempre De Ruada”. No acto de presentación, que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación, ademais de público, amigos da CORAL, coralistas, Xunta de Goberno que preside Eladio Quevedo Almoina, estiveron presentes o Conselleiro de Educación e O.U. e Delegado en funcións, Celso Currás e Felipe Ferreiro, respectivamente, así como José Luis Baltar, Presidente da Deputación de Ourense.
Xosé Ramón Gayoso, presentador do coñecido programa Luar da TVG, convidou á CORAL a participar no devandito programa para presentar o seu novo traballo “Sempre De Ruada”.
Participación na inauguración da sala permanente dedicada, no Museo Municipal de Ourense, ó pintor e gravador ourensán Julio Prieto Nespereira (cofundador da CORAL DE RUADA). Presidiu o acto o alcalde de Ourense, Manuel Cabezas. Contou coa presenza do concelleiro de Cultura, José Araujo e outros concelleiros, da directora do Museo Municipal, Eva Torres, e do presidente da Deputación, José Luís Baltar.
Nova viaxe a terras andaluza, con actuacións no Teatro da Cidade Residencial Sol Andalusí e na Igrexa parroquial de San Sebastián (ambos en Alhaurín de la Torre), na Residencia San Carlos e no Hotel-Escola Convento de Santo Domingo de Archidona, e no Teatro María Cristina de Málaga.

2006
Unha representación da CORAL DE RUADA desprazouse ata Mondoñedo para participar na homenaxe dos coros galegos (tamén estaban representacións de Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Cántigas da Terra da Coruña e o Real Coro Toxos e Froles do Ferrol, organizadores do acto) ó egrexio músico mindoniense Pascual Veiga, co gallo de cumprirse o centenario do seu falecemento.
Viaxe á localidade bretona de Quimper para participar nos actos de irmandade entre os concellos de Quimper e Ourense. Na primeira xornada, o sábado 15 de xullo, a CORAL participou nun desfile polas rúas da localidade, xunto co grupo ourensán “Queixumes dos Pinos” e o bretón “Bagad Ar Re Goz”. No transcurso deste desfile tódolos grupos (e DE RUADA, por suposto) tiveron actuacións na praza “Médard”, “Rúe de Mairie” e dianto do “Hotel de Ville” (Casa do Concello). Posteriormente, xa dentro do Concello, a CORAL pechou o acto institucional interpretando varias cantigas e finalizando co “Ourense ó lonxe”. Pola tarde, a CORAL ofreceu un concerto de música popular na praza de “Saint Corentin”, dentro dos actos de inicio do 83º Festival de Cornouaille. O intenso domingo comezou coa Misa celebrada na Catedral de Saint Corentin” cantada pola CORAL. Ä tres da tarde concerto, compartido co coro masculino bretón “Mouezh Paotred Breizh”, na propia Catedral. E pola noite, apoteose final da estancia da CORAL DE RUADA en Q uimper, xa que participou nun concerto ofrecido por Carlos Núñez no “chapiteau” do “Espace Gradlon”. En resumo, unha xeira de extraordinario éxito por terras francesas.
O día 15 de decembro presentouse no Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación (Edificio Simeón) un CD titulado “CORO DE RUADA Escena coral galega”, que recompila os 21 primeiros temas gravados polo entón denominado CORO DE RUADA, baixo a dirección de Daniel González, nos anos 1929 e 1950. O CD vai acompañado dun libriño cun resumo da historia da CORAL e un gran número de fotografías e ilustracións. No acto interviron Ramón Pinheiro, representante da casa discográfica Ouvirmos, Eladio Quevedo, presidente da CORAL, e José Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense. A CORAL pechou o acto cunha pequena escolma de cantigas polifónicas galegas e rematando co “Ourense ó lonxe”.

2007
A Fundación Premios da Crítica de Galicia, xunto co Concello e Balneario de Mondariz, no seu empeño por devolver antigos esplendores á Vila termal, organizaron unhas xornadas conmemorativas daquelas de 1920, cando o Gran Hotel do Balneario foi testemuña viva do ingreso na Real Academia Galega de dous egrexios galeguistas: o poeta cambadés Ramón Cabanillas e o dramaturgo ourensán Antonio Rey Soto. Toda unha festa das letras na que a actuación estelar correu a cargo da CORAL DE RUADA, que 87 anos despois volveu para encher coas súas voces os actos do serán en Mondariz Balneario. Os actos comezaron pola mañá no salón de plenos do Concello coa presentación dun libro editado por Ir Indo e escrito polo noso compañeiro coralistas e incansable investigador, Xaquín Vales, no que se rememora en letras de imprenta e profusamente ilustrado coas fotografías orixinais deses momentos os “Actos Académicos en Mondariz”, título da obra.
A CORAL DE RUADA presentou a súa páxina web www.coralderuada.com na que a CORAL dá a coñecer a súa historia, discografía que hai no mercado, filmografía, publicacións, estudos, etc.
A CORAL DE RUADA organizou o I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS “DE RUADA” co patrocinio da Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense, dentro da programación das festas do Corpus de Ourense 2007 e coa colaboración do teatro Principal. Este primeiro certame contou coa presenza dos catro Coros Históricos Galegos (Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Cántigas da Terra da Coruña, Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e a CORAL DE RUADA) e os coros Orfeão de Vila Praia de Áncora (Portugal), Coral de Chaves (Portugal) e Coral Polifónica de Mera (A Coruña). Constituíu todo un éxito.
O día 18 de agosto, o presidente da CORAL DE RUADA, Eladio Quevedo Almoína acudiu á localidade de Soutelo de Montes para recoller o Diploma e Medalla Gaiteiro de Soutelo. Este premio, instituído hai 28 anos polo concello de Forcarei, concédese á CORAL DE RUADA “pola súa longa e fructífera traxectoria musical e pola súa divulgación do noso folclore tradicional”.
A CORAL DE RUADA foi a encargada de cantar a Misa solemne do día do San Martiño, destacando o Himno a San Martiño que se estreaba este ano con letra do poeta e coralista Xosé Antón Laxe Martiñán e música do director da CORAL Juan José Rumbao Requejo.

 © Coral de Ruada | 20-11-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica