Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Agosto  2017»
L M Mi J V S D
  123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
             
1993
O debut do novo director, José María González, produciuse no teatro Principal, nun recital no que tamén participaron o Orfeón Valdeorrés e Lembranza-Solpor de Celanova.

1994
Ano do 75º Aniversario. Neste ano tiveron lugar os acontecementos seguintes:
O Concello de Ourense acorda (10 de febreiro) aprobar a proposta de Expediente de Honores a favor da CORAL DE RUADA.
Convocatoria de concurso de composición de cantiga conmemorativa do 75º Aniversario da CORAL. Analizadas as pezas recibidas, declarouse deserto o premio.
Edición dun libro sobre a historia da CORAL. O día 4 de abril constituíuse unha comisión encargada da elaboración do mesmo. A comisión estaba encabezada por Miguel Ángel González García e Servando Ellacuriaga Tesouro. Para a financiación do proxecto falouse co Presidente do Consello de Administración de Caixa Ourese, David Ferrer Garrido.
Participación no programa da TVE en Galicia “Desde Galicia para el mundo” que se emite tamén pola canle internacional.
Fabricación dun prato de cerámica, obra do ceramista Ruipinto de Viana do Castelo, conmemorativo para agasallar ós Amigos, autoridades, etc.
Edición dun cartaz conmemorativo baseado no realizado por Camilo Díaz Baliño para a xeira americana de 1931.
Concerto extraordinario no teatro Principal.
Concerto no Liceo onde se impón a medalla de Ouro da sociedade á CORAL.
Celebración especial da Romaría de Oseira, con banda de música, charanga, grupo de teatro, etc.
Homenaxe do Concello de Ourense á CORAL DE RUADA. Tivo lugar o día 24 de xuño (xusto o día do 75º Aniversario da presentación de DE RUADA en Ourense) e no mesmo participaron, ademais da CORAL DE RUADA, o “Orfeón Unión Orensana” e o Real Coro Toxos e Froles do Ferrol.
Viaxe a Santiago de Compostela o día 25 de xullo para participar nos actos do “Día de Galicia” na Igrexa de San Domingos de Bonaval e no que se atopaban, ademais das autoridades galegas, o presidente de Uruguai, Luís Alberto Lacalle.
Homenaxe dos grupos folclóricos galegos (“Queixumes” de Vigo, “Lembranzas” da Coruña, “Cantigas e Frores” de Lugo e “Castro Floxo” de Ourense).
Xeira por Galicia: Vigo, A Coruña (con homenaxe do coro irmán “Cántigas da “Terra inclusive) e Santiago de Compostela (compartido con “Cantigas e Agarimos”). En Santiago tamén asistiu a unha recepción do Presidente do Parlamento de Galicia, Victorino Núñez.
Como xa é tradicional ofreceuse o Concerto dos Amigos e o Concerto de Nadal na Catedral de Ourense.
Concesión da medalla de ouro da cidade o día 2 de decembro.

1995
Nova viaxe a Portugal para actuar en Viana do Castelo.
Participación na homenaxe ó exdirector da CORAL Manuel de Díos.
Gravación do CD “Cando o Miño chega a Ourense” coa casa discográfica Edicións do Cumio.
Participación na homenaxe en Ourense ó bailarín e escenógrafo ourensán Rey de Viana, recentemente falecido, doando á súa viúva unha escultura en bronce alegórica da CORAL, obra do escultor Buciños.

1996
Co patrocinio de Caixa Ourense, edítase o libro “La Coral De Ruada”, coordinado por Miguel Ángel González García e Servando Ellacuriaga Tesouro.
Ofrécese un concerto homenaxe a Xesús Ferro Couselo no teatro Principal de Ourense.
Participación institucional na homenaxe a Gerardo Salgado Valdés, director do Orfeón Unión Orensana durante tantos anos.
Participación institucional na homenaxe que o “Clube Cultural Alexandre Bóveda” ofreceu ó escultor Buciños.
Participación no Centenario da presencia en Ourense das “Hermanas de la Caridad”.
Nova participación no Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa.
Participación nos actos dos 75º Aniversario do coro irmán Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.

1997
Participación no Encontro Luso-Galacico de Coros celebrado en Chaves (Portugal), xunto coa Coral de Chaves, Coro dos Pequenos Cantores de Coimbra, Coro Misto da Universidade de Coimbra, Choral Poliphonico de Coimbra e Orquestra do Norte.
Concerto na Igrexa de Santa María a Real de Zarautz (Guipúzcoa) co gallo da celebración do Día de Galicia en Zarautz.

1998
DE RUADA celebra no Liceo un concerto-homenaxe ó insigne músico Antonio Jausarás, tan vinculado á CORAL.
Nova viaxe a Portugal para participar no “Encontro Internacional de Coros” do “Maio Coral”, organizado e patrocinado pola Polifónica de Coimbra. O concerto celebrouse no cine-teatro de Lousá Coimbra) e no mesmo participou tamén o Coro Lunigiana de Massa Carrara (Italia).

1999
Co gallo do 80º Aniversario (1919-1989) de CORAL DE RUADA editouse un vídeo conmemorativo producido por TV7 S.L. e patrocinado pola Deputación de Ourense. O vídeo contén unha presentación a cargo do Presidente da CORAL naquel intre, D. Manuel Rego Nieto, e oito cantigas procedentes da gravación “Cando o Miño chega a Ourense” do ano 1995: Airiños, Pandeirada de Ourense, Foliada da Rabeda, A cinta de namorare, O neno durmía, Romance de Cerdedo, Trullada da vendima e Ourense ao lonxe. A gravación foi realizada no Teatro Principal de Ourense e nela intercálanse imaxes da CORAL (con traxe de gala nas cantigas polifónicas e traxe de verán nas populares) e vistas dos monumentos máis representativos da nosa cidade.
Co gallo do Ano Santo, realización do Camiño de Santiago actuando en Astorga, Portomarín e Misa na Catedral de Santiago de Compostela.
Concerto conmemorativo do 80º Aniversario no teatro Principal de Ourense, acompañados polos coros irmáns Cántigas da Terra da Coruña e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
Concerto conmemorativo do 80º Aniversario no salón nobre do Liceo de Ourense, acompañados polo coro irmán Real Coro Toxos e Froles do Ferrol.

2000
Participación, no Ferrol, nos actos do 85º Aniversario do Real Coro Toxos e Froles.
O día 11 de xullo a Xunta de Goberno da CORAL decide aceptar a dimisión presentada polo director, José María González Álvarez, sete días antes.
 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica