Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
1965
Álvaro de Díos, irmán do director dimitido, faise cargo da dirección da CORAL DE RUADA durante algún tempo ata que a Xunta de Goberno atope un novo director. Mentres tanto, próbase con outros directores (José Dacal primeiro e José Pascual Pascual despois).
A CORAL DE RUADA durante este período a penas ten actividade, agás os ensaios.

1966-1968
Nos primeiros meses de 1966 prodúcese unha fonda crise, xa que os coralistas esixen unha solución definitiva e rápida no tema do director, mentres que os membros da Xunta de Goberno poñen os seus cargos a disposición da Asemblea.
En abril de 1966 elíxese nova Xunta de Goberno que estará presidida José Ramón Muñiz Guerra, fillo do expresidente Olegario Muñiz García.
Finalmente, no mes de abril de 1966, faise cargo da dirección da CORAL DE RUADA o crego Bruno Fuentes Blanco, outro dos exalumnos de Antonio Jaunsarás.
Nesta etapa non se produciron actividades de gran releve agás a participación nas primeiras Misas en galego na capela do Santo Cristo. A primeira tivo lugar o día 7 de xaneiro de 1968 oficiada polo cóengo Celso Pérez Carnero.

1969
Seguen a realizarse xeiras por toda Galicia.
Celébrase o 50º Aniversario da CORAL DE RUADA. Para tan especial ocasión prográmanse unha serie de actos os días 22 e 29 de xuño: O día 22 ten lugar unha Misa en Galego, na Igrexa dos Franciscanos, cantada pola CORAL DE RUADA; a continuación, no cemiterio de San Francisco, realízase unha ofrenda floral nas tumbas dos coralistas falecidos e nos monumentos a Lamas Carvajal, Xabier Prado “Lameiro”, Curros Enríquez e Vicente Risco; por último ofrécese unha comida típica galega de irmandade. O día 29 ten lugar unha recepción no Concello de Ourense, unha “homenaxe da Galicia folclórica á CORAL DE RUADA” na que participan o Real Coro Toxos e Frores do Ferrol, Cántigas da Terra da Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Coral Polifónica de Lugo, Orfeón Unión Orensana e Ballet Folklórico Orensano. Estes actos tiveron unha grande relevancia e foron ofrecidos, nun amplo resume, por TVE.
Con motivo do acontecemento publícase unha revista con fotos da CORAL DE RUADA, diversas informacións históricas (relación de presidentes, directores, persoeiros, galardóns...), artigos de plumas prestixiosas (Ramón Otero Pedraio, Isidoro Guede), ilustracións dos máis salientables artistas ourensáns (Prego de Oliver, Arturo Baltar, Acisclo Manzano, Virxilio, Faílde, Luís Trabazo) e ata unha fotografía do xeneral Franco.
 © Coral de Ruada | 24-06-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica