Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
Como noutras etapas, seguen a realizarse concertos pola práctica totalidade dos pobos, vilas e cidades de Galicia. Os acontecementos máis salientables son:

1956
Accede á dirección da CORAL DE RUADA Manuel de Dios Martínez, alumno de Antonio Jaunsarás.
Participación nas “Festas Gualterianas” en Guimaraes (Portugal).

1957
Nova Xunta de Goberno que preside Manuel Varela Fernández.
Renovación do repertorio con introducción de novas obras polifónicas galegas e da polifonía universal.
Novas actuacións en León (Ponferrada), Asturias (Gijón) e Valladolid (Simancas).
Presentación da CORAL DE RUADA en Ourense cun novo repertorio onde figuran obras de Fernández Amor, Fernández Espinosa, Antonio Jaunsarás, Jaroff, Aznar, Gruber e o propio Manuel de Dios.

1958
Nova saída a Portugal (á cidade de Vila Real).

1959
Clausura en Ourense do curso “Música en Compostela” con grande éxito e comentarios laudatorios na prensa a cargo de Antonio Fernández Cid e Óscar Esplá.
Gravación do disco “Así canta Galicia” que tivo un éxito extraordinario, como o demostra que se fixeran varias edicións do mesmo (incluso en América) e que se editaran varios discos pequenos con cantigas do orixinal. Presentouse no Liceo Recreo Ourensán, nunha sesión extraordinaria do Conservatorio de Música de Ourense.

1960
Seguen as actuacións pola provincia e por Galicia.

1961
A crítica especializada segue a gabar o xiro que o novo director está a dar ó rumbo da CORAL DE RUADA, coa inclusión de polifonía de tódolos tempos e países. Así, neste ano ofrécense concertos con obras de Witt, Guerrero, Bela Bartok, Duval e o propio Manuel de Dios.
Nova xeira ástur-leonesa (Ponferrada e Gijón) e novo viaxe a Portugal.

1962-63
Seguen as actuacións pola provincia e por Galicia.

1964
Viaxe a Madrid para gravar un novo disco coa casa Columbia.
Manuel de Dios abandona temporalmente a dirección da CORAL DE RUADA para “descansar e praparar uns exames particulares relacionados coa súa profesión”.
 © Coral de Ruada | 24-06-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica