Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xaneiro  2018»
L M Mi J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031       
             
11 de novembro (día de San Martiño, patrón de Ourense) de 2004, no transcurso do 9º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense presentouse o documental “Tacholas: un actor galaico-porteño”, de José Santiso. A súa ficha, segundo o catálogo do citado Festival, é a seguinte:

Título orixinal: Tacholas: un actor galaico-porteño
Director: José Santiso
Produción: Gonzalo Santiso (Imagenauta Producciones – Buenos Aires)
Guión: José Santiso
Fotografía: Mauricio Carmona
Montaxe: Gonzalo Santiso
Intérpretes: Héctor Olivera, Antonio Pérez Prado, José Soriano, Graciela Borges, Osvaldo Bonnet.
Duración: 54 minutos
País: Arxentina
Ano: 2004

Trátase dun documental sobre o actor nacido en Ourense Fernando L. Iglesias “Tacholas”, que foi membro da CORAL DE RUADA nos seus inicios, ata 1929, en que partiu para Bos Aires. No filme aparecen varias fotografías da CORAL e pode que algunhas das cantigas que se escoitan no mesmo sexan interpretacións de DE RUADA (extremo este aínda sen confirmar).

 © Coral de Ruada | 19-01-2018 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica