Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
Como xa se dixo anteriormente, en 1980, a partir dun copión mudo do filme “El hombre y el carro” aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense, o cineasta ourensán Eloy Lozano, en colaboración co Museo do Pobo Galego, sonorizouno (substituíndo a música folclórica orixinal gravada pola CORAL DE RUADA por “...funcionais <> de temas clásicos”) con texto e locución de Xoaquín Lorenzo baixo o título de “O carro e o home” (ver ano 1940).

Co gallo do 80º Aniversario (1919-1989) de CORAL DE RUADA editouse un vídeo conmemorativo producido por TV7 S.L. e patrocinado pola Deputación de Ourense. O vídeo contén unha presentación a cargo do Presidente da CORAL naquel intre, D. Manuel Rego Nieto, e oito cantigas procedentes da gravación “Cando o Miño chega a Ourense” do ano 1995: Airiños, Pandeirada de Ourense, Foliada da Rabeda, A cinta de namorare, O neno durmía, Romance de Cerdedo, Trullada da vendima e Ourense ao lonxe. A gravación foi realizada no Teatro Principal de Ourense e nela intercálanse imaxes da CORAL (con traxe de gala nas cantigas polifónicas e traxe de verán nas populares) e vistas dos monumentos máis representativos da nosa cidade.



En 2001 edítase un filme documental en formato vídeo titulado “O Himno Galego”. Aínda que non figura en ningún estudio nin publicación -nin sequera nos títulos de creto- identifícase perfectamente un fragmento da “Danza do ramo verde” da CORAL DE RUADA (do CD “Cando Miño chega a Ourense”, gravado en 1995) ilustrando musicalmente unha pasaxe do citado vídeo na que se refire á proliferación de coros na cidade de A Coruña, e en Galicia en xeral, a finais do século XIX. A súa ficha, segundo o catálogo do “7º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense”, é:

Título orixinal: O Himno Galego
Director: Carlos Soro
Produción: Óscar Outeiriño e Alfredo Alemparte (La Región TV)
Guión: Suso Villamil
Fotografía: José María Fidalgo
Montaxe: Martín Manso, Emilio Manso
Documentación: Emilia Veiga
Entrevistados: Xosé Neira Vilas, Mercedes Peón, Manolo González, Alonso Montero e María del Pilar Veiga
Soporte: Betacam SP (color)
Duración: 52 minutos
Ano: 2001



Trátase dun documental moi interesante, pois relata cómo se atopou en Cuba a partitura orixinal do Himno Galego. Foi proxectado no Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación de Ourense (Edificio Simeón) no transcurso do “7º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense”.

O Concelleiro de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense, D. José Araújo Fernández, agasallounos cunha copia deste documental para a filmoteca da CORAL.

 © Coral de Ruada | 20-11-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica