Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
En 1956 edítase unha curtametraxe titulada “Ruta de Orense” rodada no Mosteiro de Oseira. Cremos que se trata dun máis dos filmes que dirixiu nesa época Amador del Villar, con guión do propio del Villar en colaboración con Alfredo Marquerie e asesoramento de Antonio Iglesias, producidos por “Galicia Producciones Cinematográficas” (como “Ciudades Gallegas”, “Rías Bajas Gallegas”, ademais do que nos ocupa) con intención divulgadora. Os datos deste filme, en que a CORAL DE RUADA colabora na parte musical, son os seguintes:

Título orixinal: Ruta de Orense
Director: Amador del Villar
Produción: Galicia Producciones Cinematográficas
Guión: Manuel Amador del Villar e Alfredo Marquerie
Asesor: Antonio Iglesias
Fotografía: Branco e negro
Son: Rafael Simancas
Música: Coral De Ruada
Metraxe: Curtametraxe de 35 mm (11 minutos)
Ano: 1956
Lugares de rodaxe: Mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea – Ourense)
Intérpretes: Matías Prats (voz)

Nos meses de xullo e agosto de 1959 Manuel Arís, nacido en Poio (Pontevedra) o 23 de setembro de 1920 e emigrado de neno (en 1929) a Montevideo, roda unha longametraxe de tipo documental titulado “La tierra de nuestros mayores”. Parte da música dese film foi interpretada pola CORAL DE RUADA. A ficha do filme é:

Título orixinal: La tierra de nuestros mayores
Director: Manuel Arís Torres
Produción: Hispanoamericana Cine Producción – Aerolíneas Argentinas - Francisco Fernández Álvarez - Luís Galán de la Tierra (coproducción arxentino-uruguaia)
Guión: Manuel Arís e Germán Fernández Fraga
Fotografía: Luís Galán de la Tierra (Agfacolor)
Montaxe: José Gallego
Música: Coral de Ruada de Ourense, Banda Municipal de Lugo, Cántigas da Terra de A Coruña e a Polifónica de Pontevedra.
Metraxe: Longametraxe de 35 mm (2.654 m, 87 minutos)
Ano: 1960
Distribución: Internacional Film – Servicio de Productores y Distribuidores Independientes
Estrea: O 2 de maio de 1960, no cine Eliseo de Montevideo. En Bos Aires estreouse o 21 de xullo do mesmo ano.
Intérpretes: Amalia Sánchez Ariño, Francisco Fernández e Manuel Arís.

Foi o último traballo cinematográfico de Manuel Arís, que se trasladou a Bos Aires dedicándose á construción. É un dos documentais esteticamente máis refinados rodados en Galicia durante o período dos 50 e 60. Este filme foi proxectado nas “Xornadas de Cine” de O Carballiño (Ourense) no ano 1960.

Non temos, polo momento, máis datos deste filme. Como no caso de “La Virgen del Cristal”, agradeceriamos moito calquera pista que nos puidera ampliar datos sobre o mesmo, así como o xeito de podernos facer cunha copia en calquera tipo de soporte.

Armando Hermida Luaces, un ourensán nacido en Ribadavia en 1909 e emigrado a Bos Aires en 1929, realizou nos anos 1962 e 1963 o filme documental “Alma gallega” (rodado en Galicia e en coprodución con España). Aínda que non figura en ningún estudio nin publicación, dos datos da CORAL dedúcese que DE RUADA participou neste filme coas súas cantigas. A súa ficha é:

Título orixinal: Alma gallega
Director: Armando Hermida Luaces
Produción: Armando Hermida Luaces
Guión: Armando Hermida Luaces
Fotografía: Armando Hermida Luaces (Eastmancolor)
Música: Alfredo Gatell e Pedro Orovio.
Metraxe: Longametraxe de 35 mm (126 minutos)
Ano: 1966
Estrea: O 22 de setembro de 1966, en Bos Aires

Neste documental aparece o propio Armando Hermida Luaces subindo ata Santa Tegra para filma-la desembocadura do río Miño. Tamén se poden ver no filme importantes persoeiros da cultura galega, como Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e o cineasta Elixio González.

Non temos, polo momento, máis datos deste filme. Como no caso de “La Virgen del Cristal” e “La tierra de nuestros mayores”, agradeceriamos moito calquera pista que nos puidera ampliar datos sobre o mesmo, así como o xeito de podernos facer cunha copia en calquera tipo de soporte.


 © Coral de Ruada | 24-06-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica