Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
Aínda que non dispoñemos de datos, nin nos nosos arquivos nin na ficha técnica do filme, que avalen a participación da CORAL DE RUADA no mesmo, incluímolo pola testemuña dun vello ruadista que nos asegurou que as cantigas (algunhas, cando menos) deste filme foron gravadas pola CORAL. A ficha do filme, tal coma o presentan a Filmoteca Nacional de España e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), é a seguinte:

Título orixinal: Sabela de Cambados.
Director: Ramón Torrado.
Produción: Suevia Films – Cesáreo González.
Argumento: Adolfo Torrado (segundo a obra teatral do mesmo título).
Adaptación: Ricardo Mazo e José María Alonso Pesquera.
Directores de fotografía: Michel Kelber (interiores) e Andrés Pérez Cubero (exteriores). (Branco e negro – normal).
Música: Fernando Díaz Giles.
Cancións e bailables: F. Alonso Misol.
Cantigas populares: Anaquiños d’a Terra de Madrid.
Montaxe: Gaby Peñalba.
Decorados: Enrique Alarcón.
Maquillaxe: Rodrigo Gurrucharri.
Perruquería: Isabel Mellado.
Xastrería: Humberto Cornejo.
Script: Rosario de Benito.
Atrezzo: Antonio Luna.
Xénero: Drama.
Metraxe: Longametraxe de 35 mm (3.000 m, 95 minutos).
Son: Ramón Arnal.
Ano: 1948.
Distribución: Suevia Films.
Cualificación: Autorizada unicamente para maiores de 16 anos (CE), 3 Rosa (CM).
Estrea: O 12 de xaneiro de 1949 en Santander. Presentouse en Madrid, no cine Avenida, o 14 de febreiro. Tivo un aceptable éxito de público, sobre todo en Galicia e Latinoamérica, pero a crítica especializada non lle foi moi favorable.
Intérpretes: María Fernanda Ladrón de Guevara, Amparito Rivelles, Jorge Mistral, Fernando Fernández de Córdoba, Carolina Jiménez, Rafael Bardem, Margarita Sandra, Félix Fernández, Xan das Bolas, Juanita Manso, Mario de Bustos, María Teresa Galiana, Arturo Marín, Luisa de Velasco, Fernando Aguirre, Domingo Rivas, José Caparrós, José Riesgo, Rina Celi, Carmen Fuentes, Nieves Verdejo, Arturo Ruiz Córdoba, Rafael Cortés, José Capillas, José Muños, Juan N. Solórzano, Antonio Vilches, Ramón Torrado, Víctor López Iglesias, Rosario Royo, Fernando Rei (voz preliminar) e a agrupación artística “Anaquiños d’a Terra”.

Como xa se indicou anteriormente, cremos estar diante dun caso semellante ó do filme “Polizón a bordo”, no que a ficha técnica omite a participación da CORAL DE RUADA pero a realidade indica que participou alomenos cunha cantiga. Neste caso, ademais, dáse a circunstancia de que a agrupación “Anaquiños d’a Terra” viña mantendo unha excelente colaboración con DE RUADA, xa que solicitou o concurso desta para reforzar a presencia galega na Exposición Universal de Chicago do ano 1934.

 © Coral de Ruada | 20-11-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica