Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Agosto  2017»
L M Mi J V S D
  123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
             
A CORAL DE RUADA tivo unha destacada participación no filme “Mar abierto”, no que se poden escoitar algunhas cantigas interpretadas pola CORAL ourensá. A ficha do filme, tal como o presentan a Filmoteca Nacional de España e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), é a seguinte:

Título orixinal: Mar abierto.
Director: Ramón Torrado.
Produción: Suevia Films – Cesáreo González.
Argumento: Adolfo Torrado.
Guión: Ramón Torrado, coa adaptación de H. S. Valdés.
Directores de fotografía: José Fernández Aguayo (interiores) e Andrés Pérez Cubero (exteriores). (Branco e negro – normal).
Música: Modesto Rebollo. Cantigas populares: Coros De Ruada de Orense.
Montaxe: Gaby Peñalba.
Decoración: Luis Noaín e Félix Montero.
Xénero: Drama.
Metraxe: Longametraxe de 35 mm (2.800 m, 85 minutos).
Son: R.C.A. (ultravioleta). Jaime Torréns.
Estudios: Sevilla Films.
Laboratorio: Madrid Film, S.A.
Ano: 1946.
Distribución: Suevia Films.
Cualificación: Autorizada unicamente para maiores de 16 anos (CE). 3-R (CM). 1ª (CS).
Estrea: Este filme foi estreado o día 27 de abril de 1946 en Vigo. O 22 de novembro de presentouse no cine Rex de Madrid e o 23 de xaneiro de 1947 proxectouse no cine Montecarlo de Barcelona. Tivo un importante éxito de público e de crítica.
Intérpretes: Maruchi Fresno, José María Lado, Jorge Mistral, Fernando Fernández de Córdoba, Rosario Royo, Xan das Bolas, Gabriel Algara, Félix Fernández, Carlos Casaravilla, Calucha de Castroamor, Fernando Fresno, Fernando Aguirre, Maruja Fernández, Milagros Arín, Ramón Torrado, Ángel de Andrés, José Ramón Giner; coa participación da Coral De Ruada de Ourense.

Grazas á colaboración desinteresada de Video Mercury Films de Madrid (que ten na actualidade os dereitos de distribución deste filme), dispoñemos dunha copia en vídeo deste filme na filmoteca da Coral.

 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica