Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
O famoso director aragonés Florian Rey dirixiu en 1941 (comezouse a rodar o 13 de xaneiro) o filme “Polizón a bordo”. Nos títulos de crédito do filme, no tocante á música, sinálase que as cantigas de ambiente galego están interpretadas polo Coro Rosalía Castro de Madrid, sen embargo, da documentación de que se dispón na Coral (catálogo de discos Columbia de ata o 31 de decembro de 1948, disco A 6180), dedúcese que alomenos a interpretación da “Negra sombra” corresponde á CORAL DE RUADA.

Título orixinal: Polizón a bordo.
Director: Florián Rey (Axudantes: Alfredo Huertado e Jesús Rey).
Produción: Suevia Films – Cesáreo González.
Argumento: Adolfo Torrado.
Guión: Florián Rey.
Fotografía: Enrique Guerner e José Fernández Aguayo (foto fixa). (Branco e Negro).
Música: Julio Soto, Modesto Rebollo e Guadalupe M. del Castillo.
Coros: Rosalía de Castro (Director: Jacinto Romo).
Orquestra: Rapsodians.
Montaxe: Julio Peña Heredia e María Paredes.
Decoración: Fernando Mignoni.
Vestiario: Humberto Cornejo e Gago.
Metraxe: Longametraxe de 35 mm (2.624 m).
Son: Tobis Klangfilm (banda óptica). Antonio Alonso e E. Domínguez.
Estudios: C.E.A.
Laboratorio: Madrid Film, S.A.
Ano: 1941.


Distribución: Hispania Tobis Films.
Cualificación: Autorizada para maiores de 16 anos (CE). 2 Azul (CM).
Estrea: Este filme foi estreado o día 17 de outubro de 1941 no cine Capitol de Madrid. Tivo una grande éxito de público, conseguindo recaudar uns dez millóns de pesetas da época.
Intérpretes: Lina Yegros, Tony D’Algy, Ismael Merlo, Antonio Casal, Guadalupe Muñoz Sanpedro, Charito Leonís, Anselmo Fernández, María Luisa Gerona, Conchita Tapia, Carmen Porcel, Joaquina Carreras, Guillermina Grin, José María Rodríguez, Salvador Videgaín, Anselmo Fernández, Miguel Pozanco, Mariano del Cacho, Xan das Bolas, Raúl Rood, Fernando Sancho Mary Galiana, Luis Latorre e a bailarina Elsie Byron.

Este filme foi o primeiro realizado pola productora Suevia Films de Cesáreo González (este productor vigués xa investira algún diñeiro no filme “El famoso Carballeira” no ano anterior, antes de fundar a productora). Tamén é a primeira aparición cinematográfica do coruñés Antonio Casal.

Como xa queda sinalado, da documentación de que se dispón na Coral (catálogo de discos Columbia de ata o 31 de decembro de 1948, disco A 6180), dedúcese que alomenos a interpretación da “Negra sombra” que se pode escoitar neste filme corresponde á CORAL DE RUADA.

 © Coral de Ruada | 20-11-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica