Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Agosto  2017»
L M Mi J V S D
  123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
             
No verán de 1940 dous ourensáns (o ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo “Xocas” e o que chegaría a director cinematográfico de éxito en toda España Antonio Román) e un madrileño (o cineasta Carlos Serrano de Osma) filman a curtametraxe “El hombre y el carro” na terra do primeiro deles. A súa ficha, segundo o libro-catálogo “O carro e o home: O cine de Antonio Román e Xoaquín Lorenzo”, é a seguinte:

Título orixinal: El hombre y el carro.
Director: Antonio Román.
Axudante de dirección: Carlos Serrano de Osma.
Guión: Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” e Antonio Román.
Produtora: P.A.C.E.
Xefe de Produción: Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas”.
Fotografía: Antonio Román (branco e negro).
Música: Coro De Ruada.
Laboratorio: Arroyo.
Montaxe: Antonio Román e Carlos Serrano de Osma.
Son: Laffon-Selga (banda óptica).
Formato: 1:1.37.
Paso: 35 mm.
Duración: 12 minutos (342 metros).
Intérprete: Ignacio Mateo (voz).
Ano: 1940.



Este filme foi rodado en Facós (Lobeira – Ourense). É un excelente documental que conta cómo é o carro, cómo se fai e cómo forma parte da vida da xente nunha aldea de Galicia. En 1945 pasou a censura e recibiu un premio de 10.000 pesetas (60 €) do Sindicato Nacional do Espectáculo.

En 1980, a partir dun copión mudo aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense, o cineasta ourensán Eloy Lozano, en colaboración co Museo do Pobo Galego, sonorizou o filme (substituíndo a música folclórica orixinal gravada pola CORAL DE RUADA por “...funcionais <> de temas clásicos”) con texto e locución de Xoaquín Lorenzo baixo o título de “O carro e o home”.

 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica