Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Agosto  2017»
L M Mi J V S D
  123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
             
A primeira nova da participación da CORAL DE RUADA nunha gravación cinematográfica data de 1925, ano en que participou na rodaxe do filme “La Virgen del Cristal” estreado en 1926. Este filme foi dirixido, nunha primeira fase, polos irmáns Manuel e Saturio Lois Piñeiro (nacidos en Lugo, na primeira década do século XX), aínda que, por dificultades de distintos tipos, tivo que ser rematada por José Buchs. Trátase dun importante documento por ser un dos seis filmes de temática galega, ou baseados en obras e argumentos de autores galegos, da época do cine mudo (Maruxa, de 1923; La Casa de la Troya, de 1924; La mala ley, de 1924; La Virgen del Cristal, de 1926; Carmiña, flor de Galicia, de 1926 e Una aventura de cine, de 1928). A súa ficha é a seguinte:

Título orixinal: La Virgen del Cristal.
Directores: Manuel Lois Piñeiro, Saturio Lois Piñeiro e José Buchs.
Realizador: Luis R. Alonso.
Argumento: Baseada no poema de Manuel Curros Enríquez “A Virxe do Cristal”.
Guión: Manuel Lois Piñeiro e Saturio Lois Piñeiro.
Fotografía: Branco e negro.
Paso: 35 mm.
Son: Muda.
Ano: 1926.
Distribución: Notario y del Cerro.
Estrea: Este filme foi estreado o día 25 de marzo de 1926 no Teatro Cervantes de Madrid, con escaso éxito. Pouco despois foi proxectado no Salón Teatro de Santiago de Compostela (sala dependente dunha asociación relixiosa) con semellante fortuna.
Intérpretes: Julio Rodríguez “Barón de Kardy”, Rufino Inglés, Francisco Molinero, Amelia Muñoz, Blanca Muñoz, Maruja Retana, Carmen Viance.

Este filme foi rodado nos pobos ourensáns de Allariz e Vilanova dos Infantes, localidades sinaladas no poema de Curros Enríquez. Segundo a documentación da CORAL, tamén se rodou no pobo ourensán de Gustei (o 4 de setembro de 1925). Hai quen di que se deben a este filme algunhas das fotografías da primeira época da CORAL, xa que seica son fotogramas do mesmo. Tamén poidera ser que se fixeran fotografías ó mesmo tempo que se rodaba o filme.



Sabemos que, ata hoxe, non se ten localizada ningunha copia deste filme, polo que agradeceriamos moito calquera pista que nos puidera ampliar datos sobre o mesmo, así como o xeito de podérmonos facer cunha copia en calquera tipo de soporte.
 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica