Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
             
Neste apartado inclúese a discografía doutros grupos e artistas que gravaron algunha cantiga do repertorio de CORAL “DE RUADA” e que así o fan constar nas capas dos seus traballos . As cantigas de CORAL “DE RUADA” andaron sempre na boca do pobo polo que é moi probable que haxa outros artistas que teñan gravadas cantigas do noso repertorio e que, por descoñecer a súa procedencia, non a fagan constar.

ANDREW CRONSHAW, folclorista inglés, gravou en 1982 un LP titulado “The Great Dark Water” (Waterfront WF 009). A versión en casete apareceu en 1991 (Waterfront WF 009c). Entre os temas gravados neste traballo, preséntanos unha mestura de cantigas baixo o título “The Ship in Distress / The St. Kilda Rowing Song / Go the Sea No More / Pandeirada de Entrimo”, onde inclúe unha fermosa versión instrumental da popular “Pandeirada de Entrimo” que CORAL “DE RUADA” canta actualmente co nome de “Pandeirada de Lampaza”.

O mesmo ANDREW CRONSHAW gravou en 1988 un LP titulado “Till the Beasts’ Returning” (Topic 12TS 447) e a súa versión en casete (Topic KTSC 447). Neste traballo figura un tema titulado “Alala de Castro / Ronda de Cuestacion” onde inclúe unha sublime versión instrumental (realizada con cítara) do “Alalá do Castro” do repertorio de CORAL “DE RUADA”. En 1989 a parece un CD recompilatorio co título “The Andrew Cronshaw CD” (Topic TSCD 447) coas once pezas de primeiro dos LP mencionados e nove do segundo. Nesta recompilación si aparece a “Pandeirada de Entrimo” pero non o “Alalá do Castro”.



MILLADOIRO gravou en 1984 o LP titulado “Solfafría” (CBS DCN S 26395) e a súa versión en casete (CBS DCN 40-26395). En 1992 saíu ó mercado a versión en CD (Sony DCN 42-460148-2). Foi gravado en Dublín, converténdose no primeiro traballo realizado por este senlleiro grupo en Irlanda. Colaborou nun dos temas Paddy Moloney (de The Chieftains). Entre os temas deste LP figura “O ramo verde”, espectacular adaptación instrumental da cantiga “Danza do ramo verde” do repertorio de CORAL “DE RUADA”.



En 1989 aparece un CD recompilatorio co título “Milladoiro: Antoloxía” (CBS 465159-2) con 15 temas, entre os que figura o xa mencionado “O ramo verde”. Existe unha reedición deste CD en 1996 (CBS/SONY COL 485172 2).

En 2000 aparece un novo CD recompilatorio co título “Aires de Pontevedra” (Sony Music Media, serie estelar SMM 500852 2) con 10 temas, entre os que figura de novo o xa mencionado “O ramo verde”.



LUAR NA LUBRE gravou en 1997 o CD “Plenilunio” (Warner DCN 3984-20-602-4) con 12 temas, entre os que se atopa a “Cantiga de Falván”. Trátase dunha fermosa versión cantada por Rosa Cedrón, solista deste formidable grupo. CORAL “DE RUADA” canta na actualidade este tema co nome de “Pandeirada de Falván”. Como curiosidade sobre esta cantiga, Bieito Romero, o líder de Luar Na Lubre, indicounos que o nome de Falván corresponde a uns montes de Esgos, de onde era natural o seu pai.



TREIXADURA gravou en 2003 o CD “Unha noite non é nada” (Edicións do Cumio CD 51137) con 12 temas, entre os que se atopa a “Xota vella”. É unha fermosa melodía para gaita do repertorio de Modesto Sánchez (gaiteiro da CORAL “DE RUADA”), recollida polo ilustre musicólogo Alan Lomax en 1952.



 © Coral de Ruada | 20-09-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica