Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
DIRECCIÓN DE JUAN JOSÉ RUMBAO REQUEJO: 2008

OUVIRMOS, dentro da súa colección de libros-CD titulados xenericamente “Itinerarios Histórico Musicais” publicou a mediados de 2008 o dedicado a Ourense. Este libro, que trata da historia musical de Ourense, dedica unha boa parte das súas páxinas á CORAL DE RUADA e aos seus persoeiros (Faustino Santalices, Modesto Sánchez; Antonio Jaunsarás, etc.), con fermosas fotografías. O libro ven acompañado dun pequeno CD que contén seis cantigas relacionadas coa historia musical de Ourense.

As cantigas que figuran no mini CD son: Lantururú (Resonet), Saudade (Obdulia Prieto), Alborada antiga de Ourense (Faustino Santalices), Angelines (Banda do Batallón Mérida de Ourense), O quer que lle quer (procedente das primeiras gravacións realizadas pola CORAL DE RUADA no ano 1928 coa casa Regal) e Esta vida me va a matar (Los Suaves).

 © Coral de Ruada | 23-11-2017 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica