|
L |
M |
Mi |
J |
V |
S |
D |
|
|
|
|
|
|
1 |
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | |
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
DIRECCIÓN DE JUAN JOSÉ RUMBAO REQUEJO: 2006
|
A editorial OUVIRMOS ven publicando, dentro da súa colección “A Tiracolo” a reedición das gravacións históricas galegas. Trátase de gravacións realizadas no primeiro tercio do século XX polos intérpretes e agrupacións máis senlleiros de Galicia.
|
E, como non podía ser menos, nesta colección recupéranse as 15 gravacións realizadas pola CORAL DE RUADA nos anos 1929 coa casa REGAL e 6 gravacións realizadas en 1950 coa casa Columbia. Trátase de gravacións xa descritas nos dous primeiros capítulos baixo o denominador común de “Gravacións históricas” e dirixidas polo primeiro director da CORAL Daniel González.
Trátase dunha coidada edición na que o CD acompáñase cun libriño co historial -en galego- e abundantes fotografías da CORAL DE RUADA. Ademais, tamén dispón doutro libriño coa traducción do texto ó inglés, ó francés e ó castelán e unha tarxeta coa reproducción do cartaz realizado polo pintor ferrolán Camilo Díaz Baliño para a primeira xeira americana da CORAL. Este CD supón, como dicía no limiar, un importante documento histórico recuperado, xa que eses discos estaban practicamente desaparecidos e os poucos que había eran de difícil reproducción.
|

|
Este traballo foi presentado á prensa o día 14 de decembro de 2006 na Deputación Provincial. O día 15 de decembro de 2006 foi presentado ó público nun acto que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación (edificio Simeón) coa presenza do presidente da Deputación, D. José Luís Baltar Pumar, o director artístico da casa discográfica Ouvirmos, D. Ramón Piñeiro Almuíña, o presidente da CORAL DE RUADA, D. Eladio Quevedo Almoína, e a propia CORAL, que pechou o acto cunha breve actuación.
|
|