Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xullo  2017»
L M Mi J V S D
          12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31           
DIRECCIÓN DE JUAN JOSÉ RUMBAO REQUEJO: 2003-2005

En 2003 a Real Banda da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense publica unha gravación, realizada co selo RTVE, titulada “Cantigas do Mar”, para recadar fondos destinados ós afectados pola catástrofe do “Prestige”.

62072: Nesta gravación colaboran, ademais da Real Banda de Gaitas, outros grupos e solistas (Real Coro Toxos e Froles de O Ferrol, José Ángel Hevia, Cristina Pato, Wenceslao Cabezas “Polo”, Jean Pierre van Hees, Iain MacDonald ...). No tema nº 2, “Foliadas mariñeiras” interveñen a Real Banda de Gaitas, o Real Coro Toxos e Froles e a CORAL DE RUADA, coa colaboración do recoñecido pandereteiro vigués Wenceslao Cabezas “Polo” dirixidos todos eles polo director da CORAL Juan José Rumbao Requejo.



Dez anos despois da anterior gravación, en 2005, a CORAL DE RUADA grava un novo CD que leva por título “Sempre De Ruada”. Este novo traballo foi gravado nos estudios EDISCO de A Estrada (Pontevedra) e editado pola casa GALINOVA, co patrocinio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, sendo Conselleiro de Educación D. Celso Currás Fernández. A dirección correu a cargo de Juan José Rumbao Requejo.

C 1433-05: Foliada de Luintra (Popular) e Foliada de Entrimo (Popular), Foliada da Rabeda (Popular) e Foliada de Oira (Popular), Pandeirada de Ourense (Popular. M. De Dios), Pandeirada de Falván (Popular. M. De Dios), Miña nai deixoume a terra (Popular), Fun ó Carramal (Popular), Alalá de Canedo (Popular), Alalá de Muxía (Polifonía galega), Canción de amigo (D. Dinís, s. XIII), Romance de Cerdedo (Popular. Harm.: Padre Luis María Fernández), Cantiga de Santa María nº 65 (Alfonso X “O Sabio”. Harm.: A. Jaunsarás), Cantiga de Santa María nº 100 (Alfonso X “O Sabio”. Harm.: Mompou), O Neno durmía (Antonio J. Paz Valverde), Teño un amor mariñeiro (Popular. J. J. Rumbao Requejo), Adiós (P. Prieto), Os paxariños “Aurtxoa seaskan” (Popular. Harm.: J. J. Rumbao Requejo), Las ruinas del monasterio (Sthelle), La corona de rosas (P. I. Tschaikowsky) e Airiños, airiños, aires (Popular. Harm.: A. Jaunsarás).



O CD acompáñase cun libriño con fotografías da CORAL DE RUADA, historial, letras das cantigas, etc.. Foi presentado o día 29 de xullo de 2005 no salón de actos do Centro Cultural da Deputación (edificio Simeón) coa presenza -ademais do Presidente, Director, directiva da CORAL e coralistas- do Presidente da Deputación, D. José Luis Baltar Pumar, e do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (en funcións), D. Celso Currás Fernández.

 © Coral de Ruada | 28-07-2017 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica