Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
DIRECCIÓN DE XOSÉ MARÍA GONZÁLEZ ÁLVAREZ: 1995-2000

Realízase unha gravación coa casa Edicións DO CUMIO, titulada “Cando o Miño chega a Ourense”. Dirixe a CORAL DE RUADA Xosé María González Álvarez.

CD 1015: Airiños, airiños, aires (Popular. A. Jaunsarás); Pandeirada de Ourense (M. de Dios); Alalás de Taboadela e Ourense (Popular); Foliada da Rabeda (Popular); Foliada de Chantada (Popular); Aparta loureiro verde (Popular); A cinta de namorare (Popular. A. Jaunsarás);O neno durmía (X. Díaz / A. P. Valverde); Romance de Cerdedo (Luís Mª Fernández); Pandeirada de Entrimo (Popular); Trullada da vendima (Popular); Danza do ramo verde (Popular); Ourense ao lonxe (M. de Dios).



En 1996, a casa RULA, edita unha casete titulada “Aires de festa” con cantigas de CORAL DE RUADA, Suso Vaamonde, Arroás, Escola de Acordeóns de Campelo, Taramela e Retrincos.

MC 1-5002: DE RUADA participa coas cantigas: Foliada da Rabeda, na cara A e Foliada de Chantada, na cara B.

Con temas da gravación “Cando o Miño chega a Ourense” do ano 1995, fíxose en 1999 un vídeo conmemorativo do 80º Aniversario de CORAL DE RUADA (ver filmografía).



Edicións XERAIS de Galicia edita un libro de Nicolás Camino Huertas (ver apartado publicacións) acompañado dun CD, titulados “Así canta Galicia: A Galicia polifónica en dous cambios de século”.

VG.526.2000: Este CD contén gravacións dos coros galegos máis representativos e entre eles atópase, como é lóxico supoñer, CORAL DE RUADA. Concretamente, a segunda gravación é a “Pandeirada de Ourense” (Popular. Arranxos M. de Dios). En realidade é a cantiga nº 2 do CD “Cando o Miño chega a Ourense” gravado pola CORAL DE RUADA en 1995 baixo a dirección de Xosé María González Álvarez.



 © Coral de Ruada | 23-11-2017 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica