Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
             
DIRECCIÓN DE MANUEL DE DIOS (II). "Canciones de Galicia":
1990-1993

Realízase unha gravación coa casa EDIGAL, titulada “Panxoliñas e cantos do Nadal”. Dirixe a CORAL DE RUADA Manuel de Dios.

EDL 20009: Cantémoslle ó Neno (popular); Vinde picariñas (armonización X. R. Estévez); O neno durmía (Antonio Paz Valverde); Camiñaba a Virxe pura (armonización A. Losada); A Belén vinde pastores (armonización A. Jaunsarás); Vinde ver ó Neno (armonización A. Jaunsarás); Adeste fideles (armonización A. Jaunsarás); Vinde rapaces (tradicional): Gloria in excelsis (tradicional francés); Os paxariños (tradicional vasco); O rei Wenceslao (tradiconal inglés); Fum, fum, fum (tradicional catalán); Noite de luz (armonización A. Jaunsarás).



En 1993, a casa FONOMUSIC edita a colección, coordinada por X. Luís Blanco e Juan M. Santabaya, “Gran Escolma da Música Galega” en seis casetes e CD. A casete/CD nº 1 está dedicada a coros e entre eles figura a CORAL DE RUADA. Os demais participantes na gravación son: Real Coro Toxos e Froles, Coral Polifónica de Pontevedra, Cántigas da Terra, Coral Polifónica Follas Novas, Cantigas e Agarimos, Orfeón de Mondoñedo, Coral Casablanca e Coral Polifónica de Chantada.

CD-1210: DE RUADA participa coas cantigas: Foliada de San Xusto e Alalá de Ourense.



A casa EMI edita unha escolma de cantigas galegas titulada “Galicia y su Música” en formato casete e CD a cargo da CORAL DE RUADA, Cantigas e Agarimos, Polifónica de Pontevedra, Grupo de Danzas de la Sección Femenina F.E.T. y da las J.O.N.S. de La Coruña, Cántigas da Terra, Follas Novas e Banda Municipal de Madrid.

CDP 7893232: DE RUADA participa coas cantigas: Farruquiña, Foliada de San Xusto e Alalá de Ourense.

 © Coral de Ruada | 20-09-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica