Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
             
DIRECCIÓN DE MANUEL DE DIOS (II). "Canciones de Galicia": 1989

Realízase unha gravación coa casa EDIGAL. O disco leva por título “Ourense ao lonxe” e dirixe a CORAL DE RUADA Manuel de Dios.

EDL. 20006: Ourense ó lonxe (M. de Dios); Coro de Primavera (J. Afonso); Vamos á Franqueira (popular); A Virxe do Portovello (M. de Dios); Cantigas de romería: Namorar, namoreime; Estreliña do alto ceo; Trasalviña (populares); Canto a Castelao (M. de Dios); Canción triste (M. de Dios); Cantiga de amigo (A. Barja); Baixando do Faro (A. Barja); Chora chuvia, chora (José Luis López Cid e Manuel de Dios); Cantarela (M. Prieto Marcos); Non (A. Tobar e M. de Dios).



Neste mesmo ano, a casa GRUPO LIBRO, co patrocinio de Caixa Vigo, editou unha colección de dez discos LP presentados nun estoxo co título “Folklore de Galicia” no que participan CORAL DE RUADA, Escola de Gaitas, Fausto, Faiscas do Xiabre, Galicia hoxe, Folklore gallego, Alma gallega, Xocaloma, Los Tamara, Emilio Cao… Non teño máis datos destas gravacións.
Descoñezo a data en que a casa PUZZLE Records editou o disco “Folklore del norte de España”, pero decidín incluílo neste ano por conter unha cantiga (Meu cabaliño, concretamente) que foi gravada por primeira vez en 1977 e reeditada, como acabamos de ver, en 1984 e tamén por ser un recompilatorio en que, como o que acabo de describir, coincide co grupo Xocaloma.

Este disco, como indica o seu título, presenta unha escolma de temas populares do norte de España (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco) a cargo da CORAL DE RUADA, Xocaloma, Los Chimberos, Agrupación folklórica “¡Sabugo tente firme!”, Hermanos Anoz e Indarra.

MPL-143: A participación da CORAL DE RUADA consiste nas dúas primeiras cantigas da cara nº 1: Moreniña por te ver e Meu cabaliño.



 © Coral de Ruada | 20-09-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica