Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
DIRECCIÓN DE MANUEL DE DIOS (II). "Canciones de Galicia":
1980-1984

A casa COLUMBIA edita unha casete recompilando cantigas da CORAL DE RUADA gravadas ó longo da súa historia baixo a dirección de Daniel González, Isolino Canal e Manuel de Dios.

BC 3860 (B): Cara 1: Negra sombra (Rosalía Castro e Juan Montes. Dir.: M. de Dios); Foliada de Amoeiro (Popular, D. González. Gaiteros: Rosendo Santos e Antonio López. Dir.: D. González); Trullada de Cambados (Popular. Solista: Concepción Iglesias. Dir.: M. de Dios); Pandeirada de Abelenda (Popular. Dir.: M. de Dios); Trullada de Sada (Popular. Dir.: M. de Dios). Cara 2: A patrona de Marín (Rvdo. P. Luis Mª. Fdez. Acompañamiento de gaitas, bombo, pandero, tamboril y triángulo. Dir.: I. Canal); Alalá de Soutelo (Popular. Dir.: M. de Dios); Foliada de Orense (Popular, D. González. Gaitero: Virgilio Fernández. Dir.: D. González); Pandeirada de Trives (Popular, D. González. Solista: Claudio González. Gaitero: Virgilio Fernández. Dir.: D. González); Alalá de Vilanova (Popular. Dir.: M. de Dios).



No mesmo ano, a casa HISPAVOX edita unha casete baixo o título “Galicia y su música”. Esta cinta contén cantigas dos coros galegos CORAL DE RUADA, Cántigas da Terra, Follas Novas e Toxos e Froles.

C 20281: As aportacións da CORAL DE RUADA son Farruquiña (popular), na cara A, e Foliada de San Xusto e Alalá de Ourense (populares) na cara B.

En 1982, a casa COLUMBIA edita unha casete titulada “Lembranzas de Galicia” con cantigas dos coros galegos Cántigas da Terra, Rosalía de Castro e Escolanía “Decus”, ademais do grupo de gaiteiros de Cántigas da Terra, Gaiteiros de Soutelo (Avelino e Bautista Cachafeiro) e Banda Orquesta Municipal de La Coruña.

BC-3926: A aportación da CORAL DE RUADA é a Negra sombra na cara B.

En 1983, a casa CBS edita un disco, patrocinado pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense co gallo do seu 50 aniversario, titulado “Nosas bandas, nosas cancións, ...nosa caixa”.

LSP 15451:. Na cara 1 contén gravacións de bandas de música, mentras que na cara 2 hai gravacións de coros da provincia de Ourense, námbolos dous casos. A cuarta gravación desta cara 2 contén a cantiga “Orense ao lonxe” (Estribillo popular. Manuel de Dios) cantada pola CORAL DE RUADA, dirixida por Manuel de Dios.



O LP gravado pola CORAL DE RUADA en 1977 tivo unha grande acollida, polo que a casa Zafiro fixo en 1984 unha reedición, con nova capa e contracapa, editada e distribuída por Serdisco.

LM 1086: Meu cabaliño(popular); Teño sardiñas no mar (popular); Cantiga do río Miño (popular. Armonización Álvaro de Dios); Eu pasei o Portonovo (popular); Danza do ramo verde (popular); O merlo canta na rama (popular); O rodaballo (popular. Armonización J. Broto); Baila ti bon bailador (popular); Nunha lanchiña de vela (popular); Moreniña por te ver (popular); Cantigas de Falván (popular); A lúa vai polo aire (popular).



 © Coral de Ruada | 22-06-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica