Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
DIRECCIÓN DE MANUEL DE DIOS (II)."Canciones de Galicia": 1977

A casa CBS, baixo a marca SONDOR, S.A. INDUSTRIA URUGUAYA, reeedita o disco “Galicia y sus canciones” que xa editara en 1973 a casa COLUMBIA. Neste disco, como xa se indicou anteriormente, inclúense dúas cantigas interpretadas pola CORAL DE RUADA baixo a dirección de Manuel de Dios. Figuran ademais no disco cantigas gravadas polo coro gallego “Cántigas da Terra” de La Coruña (dirixido por E. Suárez Pedreira), agrupación folklórica gallega “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela (dirixida por R. Mato Hermida), coral “Rosalía de Castro” (dirixida por B. Del Río), coral polifónica “Casablanca” de Vigo (dirixida por Francisco A. Rey Rivero), Grupo de Gaiteros del Ayuntamiento de La Coruña (dirixido por Emilio Corral) e Grupo de Gaitas “Os Cruceiros” (dirixido por Jesús Portela).



19.203 (ALS 794): As cantigas correspondentes á CORAL DE RUADA son: Negra Sombra (Balada gallega. Rosalía de Castro / Juan Montes) e Pandeirada de Espadañedo (Canción de romería. Popular).

Co gallo do seu 50º aniversario (1927-1977) a casa de discos COLUMBIA edita un álbum composto de tres LP presentados nun estoxo baixo o título xenérico de “50 Años de Música Regional Española”. Como o seu nome indica, trátase dunha recompilación de temas floclóricos de toda España. A parte galega atópase no segundo LP e corre a cargo de: CORAL DE RUADA de Ourense, Coral Galega Rosalía de Castro de Madrid, Cántigas da Terra de A Coruña e Banda Municipal de Música de Lugo coa súa sección de gaitas. Como curiosidade, é preciso sinalar que nesta recompilación pódense atopar gravacións realizadas por “Agapito Marazuela y el Coro Cantores de Madrid”, “Manuel Ausensi y Coro Cantores de Madrid”, “Coro de Cámara del Orfeón Donostiarra”, “Coral Isidoriana de León”, Antonio Mairena, Perlita de Huelva, “Cobla Barcelona”, “Los Sabandeños”, etc.



Os discos teñen as referencias CS 8261, CS 8262 e CS 8363. O marcado coa referencia CS 8262 é o que contén as cantigas galegas. Aínda que non figura no disco nin na documentación que o acompaña, a dirección artística da CORAL corresponde a Manuel de Dios.

CS 8262: (Cara 2) Negra Sombra (CORAL DE RUADA de Ourense); A Virxe de Guadalupe (Coral Gallega “Rosalía de Castro”); Airiños, aires (Banda Municipal de Música de Lugo y Sección de Gaitas); Unha noite na era do trigo (Cantigas da Terra).

Neste mesmo ano, realízase unha gravación coa casa ZAFIRO. A CORAL DE RUADA e o coro infantil, que colaborou na gravación, estiveron dirixidos por Manuel e Álvaro de Dios.



ZLF 814: Meu cabaliño(popular); Teño sardiñas no mar (popular); Cantiga do río Miño (popular. Armonización Álvaro de Dios); Eu pasei o Portonovo (popular); Danza do ramo verde (popular); O merlo canta na rama (popular); O rodaballo (popular. Armonización J. Broto); Baila ti bon bailador (popular); Nunha lanchiña de vela (popular); Moreniña por te ver (popular); Cantigas de Falván (popular); A lúa vai polo aire (popular).

Ademais, tamén con ZAFIRO, grávase un disco “single” con dúas cancións. Dirixe a CORAL Manuel de Dios.

00X-344(B): Hino galego (E. Pondal e P. Veiga); Hino a San Rosendo (A. Santorum e M. de Dios).

No mesmo ano, a casa ZAFIRO edita un curioso disco de música galega que titula “Galicia hoxe”. Este LP contén cantigas de varios cantautores galegos (Bibiano, María Manoela, Emilio Cao, Benedicto e Xoán Rubia) e da CORAL DE RUADA.

ZLF-817: As aportacións da CORAL DE RUADA son Hino galego (E. Pondal; P. Veiga), na cara A, e Cantiga do río Miño na cara B.



 © Coral de Ruada | 23-11-2017 | 3 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica