Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xullo  2017»
L M Mi J V S D
          12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31           
DIRECCIÓN DE MANUEL DE DIOS (I). "Así canta Galicia": 1968-1973

O disco “Así canta Galicia” (e os seus tres “fillos” en formato pequeno) gravado con Hispavox converteuse, como xa se indicou con anterioridade, nun enorme éxito, o que deu lugar a que a casa discográfica fixera en 1968 unha reedición de dous dos tres discos pequenos co título de “Agarimos da nosa terra”. Os discos teñen a mesma referencia e, como se pode apreciar, conteñen as mesmas cantigas. Nesta nova edición cambiaron, eso si, a capa e os títulos.

HH 16-51: “Agarimos da nosa terra: Canciones de Galicia” (vol. 1): Trío de gaitas; Pandeirada de Entrimo; Foliada de Amoeiro; Foliada do Miño; Alalá de Castro; Foliada de Carballeda.
HH 16-52: “Agarimos da nosa terra: Canciones de Galicia” (vol. 2): Foliada de Marín; Farruquiña; Muiñeira de gaitas; Foliada de Peroxa; Pandeirada de Tella; Alalá de Orense.



En 1970, nova reedición do disco “Así canta Galicia” gravado con HISPAVOX (esta vez o de longa duración). Como se pode apreciar, ten a mesma referencia e contén as mesmas cantigas. Cambiaron a capa.

HH 10-119: Foliada de San Xusto; Pandeirada de Ares; Foliada de Arnoya; Cantiga dos pescadores de Muxía; Alalá de Cebreiro; Foliada do Miño; Trullada de vendimia; Foliada de Entrimo; Alalá de Orense; Trío de gaitas; Foliada de Marín; Pandeirada de Entrimo; Foliada de Amoeiro; Alalá de Castro; Pandeirada de Tella; Foliada de Carballeda; Farruquiña; Foliada de Luintra; Muiñeira de gaitas; Foliada de Peroxa.

En 1973, outra edición do disco “Así canta Galicia” gravado con HISPAVOX, dentro da colección Gaviota esta vez. Como se pode apreciar, son as mesmas cantigas con algunha alteración na orde. Cambiaron a capa e a contracapa.

150-58 S: Foliada de San Xusto; Pandeirada de Ares; Foliada de Arnoya; Cantiga dos pescadores de Muxía; Alalá de Cebreiro; Foliada do Miño; Trullada de vendimia; Foliada de Entrimo; Foliada de Peroxa; Trío de gaitas; Foliada de Marín; Pandeirada de Entrimo; Foliada de Amoeiro; Alalá de Castro; Pandeirada de Tella; Foliada de Carballeda; Farruquiña; Foliada de Luintra; Muiñeira de gaitas; Alalá de Orense.

A casa COLUMBIA edita o disco “Galicia y sus canciones”, onde se inclúen dúas cantigas interpretadas pola CORAL DE RUADA baixo a dirección de Manuel de Dios. Figuran ademais no disco cantigas gravadas polo coro gallego “Cántigas da Terra” de La Coruña (dirixido por E. Suárez Pedreira), agrupación folklórica gallega “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela (dirixida por R. Mato Hermida), coral “Rosalía de Castro” (dirixida por B. Del Río), coral polifónica “Casablanca” de Vigo (dirixida por Francisco A. Rey Rivero), Grupo de Gaiteros del Ayuntamiento de La Coruña (dirixido por Emilio Corral) e Grupo de Gaitas “Os Cruceiros” (dirixido por Jesús Portela).


 © Coral de Ruada | 28-07-2017 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica