Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xullo  2017»
L M Mi J V S D
          12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31           
DIRECCIÓN DE MANUEL DE DIOS (I). "Así canta Galicia": 1966

A casa COLUMBIA edita o disco “Galicia canta”, onde se inclúen catro cantigas interpretadas pola CORAL DE RUADA baixo a dirección de Manuel de Dios. Figuran ademais no disco cantigas gravadas polo coro gallego “Cántigas da Terra” de La Coruña (dirixido por E. Suárez Pedreira), agrupación folklórica gallega “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela (dirixida por R. Mato Hermida), coral polifónica “Casablanca” de Vigo (dirixida por Francisco A. Rey Rivero), Grupo de Gaiteros del Ayuntamiento de La Coruña (dirixido por Emilio Corral), Banda Municipal de La Coruña con la sección de gaitas (dirixida por Rodrigo A. de Santiago) e Grupo de Gaitas “Os Cruceiros” (dirixido por Jesús Portela).

CP 9.004: As cantigas correspondentes á CORAL DE RUADA son: Trullada de Marín (Canción de romería. Popular); Alalá de Vilanova (Alalá. Popular); Negra Sombra (Balada gallega. Rosalía de Castro / Juan Montes) e Pandeirada de Espadañedo (Canción de romería. Popular).

A mesma casa discográfica edita outro disco de características semellantes ó anterior. Interveñen no mesmo, ademais da CORAL DE RUADA e de Faustino Santalices, Joselín, Masa Coral Estradense, Banda Municipal de Lugo co seu grupo de gaitas e Cántigas da Terra.



ECGE 70917: As cantigas correspondentes á CORAL DE RUADA son: Negra Sombra, Pandeirada de Tella, Foliada da Perosa (sic), A Patrona de Marín, Romance de Cerdedo e Estampa Orensana. As correspondentes a Faustino Santalices son: Romance de Don Gaiferos, Camiña Don Sancho e Axéitame a polainiña.
 © Coral de Ruada | 28-07-2017 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica