Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
DIRECCIÓN DE MANUEL DE DIOS (I). "Así canta Galicia": 1959

Neste mesmo ano realízase unha gravación con temas populares coa casa HISPAVOX, dirixidos todos eles por Manuel de Dios Martínez, con acompañamento de “gaitas y pandereta”:

HH 10-119: “Así Canta Galicia”: Foliada de San Xusto; Pandeirada de Ares; Foliada de Arnoya; Cantiga dos pescadores de Muxía; Alalá de Cebreiro; Foliada do Miño; Trullada de vendimia; Foliada de Entrimo; Alalá de Orense; Trío de gaitas; Foliada de Marín; Pandeirada de Entrimo; Foliada de Amoeiro; Alalá de Castro; Pandeirada de Tella; Foliada de Carballeda; Farruquiña; Foliada de Luintra; Muiñeira de gaitas; Foliada de Peroxa.



Este disco de longa duración (30 cm e 33 rpm), que leva na contracapa textos de presentación de “Antonio Iglesias (Director do Conservatorio de Música de Orense)” e “Antonio Fernández-Cid (Crítico musical)”, tivo un grande éxito no seu momento, polo que a casa discográfica publicou tres discos pequenos (17 cm e 45 rpm), titulados “Canciones de Orense”, que recollen a meirande parte das cantigas (agás as Foliadas de Entrimo e de Luintra) do disco orixinal:

HH 16-50: “Canciones de Orense” (vol. I): Foliada de San Xusto; Pandeirada de Ares; Cantiga dos pescadores de Muxía; Foliada de Arnoya; Alalá do Cebreiro; Trullada da vendima.
HH 16-51: “Canciones de Orense” (vol. II): Trío de gaitas; Pandeirada de Entrimo; Foliada de Amoeiro; Foliada do Miño; Alalá de Castro; Foliada de Carballeda.
HH 16-52: “Canciones de Orense” (vol. III): Foliada de Marín; Farruquiña; Muiñeira de gaitas; Foliada de Peroxa; Pandeirada de Tella; Alalá de Orense.



Este éxito chegou ó outro lado do Atlántico e a casa HISPAVOX realizou unha nova edición do disco baixo a marca ANTAR, S.A. INDUSTRIA URUGUAYA. O disco, que leva a mesma referencia ten o mesmo contido pero cambia a capa. Polo que respecta á contra capa, detéctase un curioso detalle: leva, ademais do índice de cantigas e nome do director, os mesmo artigos asinados por Antonio Iglesias e Antonio Fernández.-Cid, pero sen figurar o nome de ningún dos dous, é dicir, de xeito anónimo.



HH 10-119: “Así Canta Galicia”: Foliada de San Xusto; Pandeirada de Ares; Foliada de Arnoya; Cantiga dos pescadores de Muxía; Alalá de Cebreiro; Foliada do Miño; Trullada de vendimia; Foliada de Entrimo; Alalá de Orense; Trío de gaitas; Foliada de Marín; Pandeirada de Entrimo; Foliada de Amoeiro; Alalá de Castro; Pandeirada de Tella; Foliada de Carballeda; Farruquiña; Foliada de Luintra; Muiñeira de gaitas; Foliada de Peroxa.

Inclúo este disco no ano 1959, a pesar de non figurar este dato no mesmo nin na súa capa e contracapa, debido ás similitudes que presenta co anterior (por exemplo, a contracapa). Ademais, emprega como capa un deseño empregado por HISPAVOX noutros discos editados en España nese mesmo ano, concretamente os discos “Melodías gallegas” (volumes I e II), gravados polo Coro “Cantores de Madrid” e a “Orquesta de Conciertos de Madrid”.


 © Coral de Ruada | 22-06-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica