Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xullo  2017»
L M Mi J V S D
          12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31           
GRAVACIÓNS HISTÓRICAS (II): 1959

A casa COLUMBIA edita dous discos de Faustino Santalices, acompañado de zanfona:

ECGE 70918: Romance de Don Gaiferos (Romance del ciclo carolingio); Camiña Don Sancho e Axéitame a polainiña (Romances gallegos).
ECGE 70920: Cántigas de ciegos (Cántigas); Alalá de Padrón (Alalás); Alalá de arrancar lino (Cantigas de faenas agrícolas); Pasei p-ola túa porta (Aires de jota de la Rías Bajas); Esta noite ei d’oir (debería dicir d’ir) alá (Aires de jota de la Rías Bajas).

Ademais, COLUMBIA reedita, baixo o título “Galicia”, unhas vellas gravacións realizadas baixo a dirección de Daniel González e con Virxilio Fernández como gaiteiro solista.



ECGE 71075: Alalá de Bande (Canto gallego); Foliada de Amoeiro (Canción gallega); Alalá d’as Rías Baixas (Canción gallega); O quer que lle quer (Muñeira. Polifonía gallega. Mauricio Farto).
SCGE 80684: Foliada de Avión (Gaita: F. Fernández); Foliada de Orense (Canciones gallegas); Pandeirada de Trives (Pandeirada. Solista: Claudio González); Foliada de Amoeiro (Foliada. Gaiteiros: Rosendo Santos y Antonio López).

A casa DECCA presenta un disco de longa duración que, baixo o título “Ronda de canciones regionales”, pretende abranguer o folclore de tódalas comunidades do Estado.

LXT 29009: CORAL DE RUADA aporta a Pandeirada de Tella (Canto popular de Galicia). As demais pezas corren a cargo de grupos de todo o Estado (“Cántigas da Terra” de A Coruña, “Orfeón Donostiarra” de San Sebastián, Banda “Unión Musical” de Liria, cobla “Barcelona”, etc.).
 © Coral de Ruada | 28-07-2017 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica