Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
GRAVACIÓNS HISTÓRICAS (II): 1956-1957

En primeiro lugar, aparecen unhas gravacións, realizadas en ALHAMBRA, polo baixo cantante, solista da CORAL DE RUADA, Jaime Montes, acompañado ó piano polo organista da Catedral e excelente músico navarro afincado en Ourense Antonio Jaunsarás San Miguel (que tamén foi durante un breve período de tempo Director da CORAL DE RUADA).

EMGE 70194: Unha noite n’a eira do trigo (M. Curros Enríquez); Lonxe d’a terriña (Balada gallega / A. J. Pereira y J. Montes); Meus amores (Balada gallega / S. Golpe y J. Baldomir); Un suspiro (Balada gallega / M. Martínez y C. Berea).
EMGE 70195: Volve (Balada gallega / G. Álvarez Limeses y A. Cordal); Como foy? (Balada gallega / M. Curros Enríquez y J. Baldomir); Un adios a Mariquiña (Balada gallega); Meus amores (Balada gallega / S. Golpe y J. Baldomir).

Seguen outras gravacións realizadas en ALHAMBRA pola CORAL DE RUADA dirixida por Isolino Canal. Entendemos que estes dous discos, malia seren presentados pola casa discográfica en 1956 e 1957, foron gravados entre 1953 e 1955, posto que Isolino Canal foi Director da Coral -por segunda vez- entre outubro de 1952 e outubro de 1955.



EMGE 70196: Negra sombra (Canción gallega / R. De Castro y J. Montes); Pandeirada de Tella (Pandeirada, con acompañamiento de pandero / Adap.: E. Dorado); Foliada da Perosa (Canción gallega, con acompañamiento de gaiteros, bombo, tamboril, pandero y triángulo) / Adap.: Félix Molina).
EMGE 70197: Estampa orensana (Canción gallega / Adapt. Félix Molina); A Patrona de Marín (Canción gallega); Romance de Cerdedo (Canción gallega. Rvdo. Padre Luis Ma. Fernández. Tenor solista Juan Moredo).
EMGE 70206: Alborada (Canción gallega / P, Veiga); Meus amores (Balada gallega / Jaime Montes, bajo cantante solista de CORAL DE RUADA, acompañado al piano por A. Jaunsarás San Miguel / S. Golpe y J. Baldomir); Un suspiro (Balada gallega / Jaime Montes, bajo cantante solista de CORAL DE RUADA, acompañado al piano por A. Jaunsarás San Miguel / M. Martínez y C. Berea).

Os dous primeiros discos foron reeditados nos anos 1962 e o terceiro no ano 1963, coas mesma referencias e conservando, practicamente igual, a capa e a contracapa (en realidade, no primeiro hai unha pequena diferencia na banda de texto da capa -como se pode apreciar nas figuras que se xuntan- e bastantes diferencias na contracapa).
 © Coral de Ruada | 23-11-2017 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica