Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xullo  2017»
L M Mi J V S D
          12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31           
GRAVACIÓNS HISTÓRICAS (II): 1954-1956

No período 1954-56 (non coñezo a data exacta) a casa ALHAMBRA (con licencia de Discos COLUMBIA S.A. de España) fabricou e editou en Venezuela un LP titulado “Cantigas da Terra”, con cantigas da CORAL DE RUADA, dirixida por Isolino Canal, e do coro coruñés Cántigas da Terra, dirixido por R. González:



ALH 5168: Lado A: Estampa orensana (CORAL DE RUADA. Canción gallega. Adpt. Félix Molina); Patrona de Marín (CORAL DE RUADA. Canción gallega. Tenor solista Juan Moredo); Romance de Cerdedo (CORAL DE RUADA. Canción gallega. Rvdo. Padre Luis Ma. Fernández); Foliada de Berducido (Cántigas da Terra. Canto gallego. Gaiteiro solista Emilio Corral); Mariñeiro de Cayón (Cántigas da Terra. R. González. Canto gallego). Lado B: Eu xa cho sei (Cántigas da Terra. R. González. Canto gallego. Gaiteiro solista Emilio Corral); Foliada de Araño (Cántigas da Terra. R. González. Canto gallego. Gaiteiro solista Emilio Corral); Miñas cousas (Cántigas da Terra. R. González. Canto gallego. Gaiteiro solista Emilio Corral); Foliada de Anllóns (Cántigas da Terra. Canto gallego. Gaiteiro solista Emilio Corral); Villancico gallego (A. Garaizábal. Soprano solista Paquita Cremor).

Analizando polo miúdo o texto que acompaña ó propio disco, detéctanse dous erros: chama “Patrona de Marín” á cantiga “A Patrona de Marín” (tal como consta nos textos da capa e da contracapa). Por outra banda, nesta mesma cantiga (“A Patrona de Marín”) indica que actúa como tenor solista Juan Moredo, cando o excelente tenor ruadista actúa como solista na cantiga seguinte “Romance de Cerdedo”.

 © Coral de Ruada | 28-07-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica