Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Agosto  2017»
L M Mi J V S D
  123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
             
Aínda que non se trata de libros sobre a historia da CORAL, é imprescindible incluír neste capítulo as seguintes publicacións de Xavier Prado “Lameiro”, un dos fundadores da CORAL DE RUADA, que constitúen as súas “Obras Completas”. Foron publicadas en 1929 (aínda que figura nos mesmos o ano 1928) por subscrición popular a iniciativa da CORAL DE RUADA.

“A carón do lume”:

Título: A carón do lume
Autor: Xavier Prado “Lameiro”
Editor: Imprenta de “La Región”
Ano de edición: 1928 (segunda edición)

Este primeiro tomo editouse por primeira vez en 1918, polo que o que aquí se describe é unha segunda edición. A diferencia dos outros tres, ten na capa unha ilustración alusiva ó título da obra. Leva un longo prólogo do eminente xurista, historiador, periodista... ourensán Manuel Martínez Sueiro (datado en Salamanca o 28 de xaneiro de 1918).

O tomo contén unha colección de “Ve rsos Gallegos” agrupados en 35 poemas de moi variada temática ( Meiciña conecida, O cacique rural, Remordemento, O San Lázaro, Velando ó defuntiño, O falar é parola... entre outros).

“Cóxegas e Moxetes”:

Título: Cóxegas e Moxetes
Autor: Xavier Prado “Lameiro”
Editor: Imprenta de “La Región”
Ano de edición: 1928

O segundo tomo leva nas primeiras páxinas unha fotografía do autor e unha “ADICATORIA Ó excelentísimo señor D. Xosé Calvo Sotelo sinxela mostra de culto á súa escolleita intelixencia e boísimo corazón. O AUTOR”. O prólogo correa a cargo, nesta ocasión, do escritor e periodista ourensán José Adrio Menéndez, autor, entre outros traballos, do libro “Del Orense antiguo”.



O tomo contén, como o anterior, unha colección de “Versos Gallegos” agrupados, nesta ocasión, en 48 poemas de moi variada temática (Firma de creto, O financieiro rural, Amor derradeiro, Brincádelas, Parolas mondongueiras... entre outros).

“Monifates”:

Título: Monifates
Autor: Xavier Prado “Lameiro”
Editor: Imprenta de “La Región”
Ano de edición: 1928

Nunha das primeiras páxinas contén unha fotografía da CORAL DE RUADA cun pé onde se pode ler: “O gabado coro ourensano De Ruada cuyo admirable coadro de declamación levou á escena, en Galicia e fóra d’éla, con moito éisito, a mor parte d’as obras que figuran n-iste libro”. Tamén contén unha “ADICATORIA a vós, rapaciñas e rapaces de DE RUADA, que tan outo puxéstel-o nome santo de Galicia en terras de fóra, adícavos iste lebro O AUTOR”. Finalmente, tamén contén un pequeno prólogo do propio autor titulado “Ó leutor”.



Con este tomo iníciase a recompilación da obra teatral de Xavier Prado “Lameiro”, contendo as obras seguintes: Almas sinxelas, Tratos, Luis de Castromouro, A retirada de Napoleón, Todo ten goberno, Un home de sorte e O Cego d’a Xestosa.

“Farsadas”:

Título: Farsadas
Autor: Xavier Prado “Lameiro”
Editor: Imprenta de “La Región”
Ano de edición: 1928

Nunha das primeiras páxinas contén a mesma fotografía da CORAL DE RUADA co mesmo pé descrito no libro “Monifates”. Tamén contén unha “ADICATORIA a MODESTO FERNÁNDEZ ROMÁN espello de amigos, prototipo de home bo, caritativo e simpático. C’unha aperta de hirmau. O AUTOR”. O Sr. Fernández Román formaba parte da primeira directiva da CORAL DE RUADA, xunto co autor do libro, que era vicepresidente e, ademais, membro fundador. Por último, leva un “PROLOGUIÑO” do propio autor.
Este tomo remata a recompilación da obra teatral de Xavier Prado “Lameiro”, contendo as obras seguintes: Os trasacordos de Mingos, Soledá, Vida vilenga, Marta, N-a corredoira, Estebiño e Marzadas.

Os catro tomos de que dispón a CORAL DE RUADA proceden da doazón da filla de Daniel González, Mercedes González, e levan -todos eles- unha dedicatoria do autor ó director da CORAL.

Estes catro tomos que forman as Obras Completas de Xavier Prado “Lameiro”, foron reeditadas polo Concello de Ourense no ano 1995 (véxase a súa recensión no correspondente ano).

 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica