Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
No ano 2003 publícase o libro “Canto mariñán ou canto do mar?”:

Título: Canto mariñán ou canto do mar?
Autor: Xaquín Vales Rodríguez
Editor: Deputación Provincial de Ourense
I.S.B.N.: 84-96011-25-9
Depósito legal: OU-36/2003
Ano de edición: 2003
Xaquín Vales Rodríguez é un coralista (pertence á corda de tenores segundos) estudioso da historia da CORAL DE RUADA. Partindo dunha cita sobre a CORAL DE RUADA que Manuel Rivas fai na páxina 74 da súa novela “O lapis do carpinteiro” (“Pouco antes de morrer (...) pintei esta mesma estampa, o que estamos a ver. Foi para a escenografía do Canto Mariñán da Coral da Ruada (sic) no Teatro Rosalía de Castro.”) constrúe un completo e minucioso estudio sobre a colaboración de Camilo Díaz Baliño (o pintor ó que se refire Rivas na súa novela) e DE RUADA e a historia da agrupación CORAL nesa época, na que ten lugar a primeira xeira por Sudamérica. É un libro de obrigada lectura para coñecer aspectos que a penas están tratados nos libros citados anteriormente.

 © Coral de Ruada | 24-06-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica