Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
A editorial Ir Indo, na súa colección “A fraga universitaria” publica en 2006 un novo libro do coralista Xaquín Vales titulado “Actos académicos en Mondariz”:

Título: Actos académicos en Mondariz
Autor: Xaquín Vales Rodríguez
Editorial: Ir Indo (colección “A fraga universitaria”)
I.S.B.N.: 84-7680-596-9
Depósito legal: VG-1209-2006
Ano de edición: 2006

Na contracapa do libro pódese ler: “No verán de 1920 reúnense durante tres días, na vila termal de Mondariz, poetas e literatos, artistas e historiadores, xornalistas e distinguidas personalidades da sociedade galega, chegados dos máis diversos lugares da nosa Terra, de Madrid e mesmo de Inglaterra, para acompañar aos da Real Academia Galega na recepción de dous novos académicos”. Estes dous novos académicos eran os poetas Rey Soto e Ramón Cabanillas. A reunión tivo lugar no Gran Hotel patrocinada polos irmáns Peinador. Neste acto participaron os coros galegos Agarimos da Terra e DE RUADA. Xaquín Vales “Xocas” fai un documentado e minucioso relato -como é característico nos seus traballos- desas memorables xornadas.



 © Coral de Ruada | 20-11-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica