Coral de Ruada
Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Maio  2017»
L M Mi J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031       
             
16 de Maio , HOMENAXE A CARLOS CASARES.
O Concello de Ourense homenaxeará ao escritor ourensán Carlos Casares cunha placa-busto na fachada do Liceo que dá á praza do Bispo Cesáreo. O acto terá lugar a partir das 12,45 horas e a Coral De Ruada participará nesta homenaxe coa súa música e cantos, pechando coa interpretación do Himno Galego.
16 de Maio , CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2017.
O Consello da Cultura organiza un concerto co gallo do Día das Letras Galegas 2017 dedicado ao escritor ourensán Carlos Casares. O concerto, que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense a partir das 20,30 horas, correrá a cargo da Real Filharmonía de Galicia e o coro novo da Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixidos por Maximino Zumalave. Durante o concerto poderanse escoitar obras de Pascual Veiga, Xoán Montes, Enrique Granados, Rogelio Groba e Rubén Vizcaíno que estreará a obra "A Formiga" con letra de Carlos Casares.
A Coral De Ruada foi convidada a participar no acto para cantar, ao remate do mesmo, o Himno Galego con tódolos demais participantes.
 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica