Coral de Ruada
Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Decembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
             
8 de Decembro ás 20:00, CONCERTO EN MONTEDERRAMO.
A Coral De Ruada ofrecerá un concerto no Mosteiro de Montederramo, dentro do programa "Concertos da Ourensanía" que patrocina a Deputación Provincial de Ourense e co que colabora, neste caso, o Concello de Montederramo.
A principal característica destes "Concertos da Ourensanía" é que as cantigas populares teñen todas relación con Ourense e a provincia (Foliadas da Rabeda, da Peroxa, de Luintra, de Amoeiro, de Entrimo de Carballeda, do Miño...). Nas polifónicas, tanto letristas como músicos, son ourensáns (Manuel de Dios Martínez -ex-director da Coral De Ruada-, José Fernández Vide -"Mestre Vide"- e Xoán Antón Vázquez Casas -actual director da Coral De Ruada-). A única excepción a todo isto é a cantiga "O quer que lle quer" (popular con harmonización do músico valisoletano afincado en A Coruña, onde dirixiu o Coro Galego "Cántigas da Terra", Mauricio Farto Parra) que a incluímos por ser unha das primeiras que gravou a Coral en 1929 e sempre tivo moito éxito.
A Coral De Ruada, acompañada polo seu grupo de instrumentos populares (gaitas, percusión e zanfona), estará dirixida polo seu director artístico Xoán Antón Vázquez Casas.
 © Coral de Ruada | 11-12-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica