Coral de Ruada
Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
4 de Novembro ás 20:00, CONCERTO NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA.
A Coral De Ruada desprazarase até Pontevedra para participar nun concerto organizado pola ?Coral Polifónica de Pontevedra?.
Para a Coral De Ruada, trátase dunha importante cita, xa que a ?Coral Polifónica de Pontevedra? é unha das máis prestixiosas formacións corais de Galicia, fundada en 1925 por relevantes persoeiros da cultura galega, como Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, Antonio Blanco Porto, Antonio Iglesias Vilarelle e os ourensáns Alexandre Bóveda Iglesias e Antón Losada Diéguez.
No teatro Principal da cidade do Lérez as dúas formacións ofrecerán un fermoso concerto de música galega. Concretamente, a Coral De Ruada ofrecerá un concerto de música tradicional e polifónica galegas acompañada do seu grupo instrumental, co que colaborará, como artista convidado, o afamado gaiteiro Óscar Ibáñez.
 © Coral de Ruada | 11-12-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica