Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
» FALLO DO VII PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir
O VII Premio Xabier Prado "Lameiro", que organiza e concede a Coral De Ruada, foille concedio, por unanimidade do xurado, á Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS de Santiago de Compostela.
No día de onte reuniuse o xurado nomeado pola CORAL DE RUADA para estudar as candidaturas á
sétima edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as
súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que
destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter
popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica
galegas.”
 
O xurado estaba formado por:
 
Presidente: D. Eladio Quevedo Almoina (Presidente de Honra da CORAL DE RUADA).
Secretaria: Dª. Fátima María Malingre Grande (Secretaria Xeral da CORAL DE RUADA, con voz
pero sen voto).
Vogais: D. Samuel Lago Fernández (Presidente da CORAL DE RUADA, ex-Inspector de Ensino
Medio e Catedrático de Historia).
D. José María Carballeira Anllo (Director e Catedrático de Lingua e Literatura
Españolas do I.E.S. Universidade Laboral de Ourense, coautor do Gran Diccionario
Xerais da Lingua).
D. Luis Fernández Rodríguez (Ex-director e Catedrático de Lingua e Literatura Galegas
do I.E.S. Otero Pedrayo de Ourense).
D. Emilio Rodríguez Portabales (Vicepresidente da CORAL DE RUADA, Catedrático de
Sistemas Electrónicos do I.E.S. Universidade Laboral de Ourense).
 
O xurado acordou, por unanimidade:
 
Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola CORAL DE RUADA de
Ourense, na súa sétima edición, correspondente ao ano 2016, á Agrupación Folclórica
Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela (A Coruña) polo traballo que ao longo
de noventa e cinco anos leva realizado no campo da investigación, conservación e
divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por
medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os
grupos de baile, os grupos instrumentais, os traxes, as escolas, a animación sociocultural,
organización de eventos culturais, etc.
O inxente labor de Cantigas e Agarimos constitúe un exemplo de traballo e de
compromiso coa cultura popular galega e o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, con este
galardón, non fai máis que recoñecer a coherente andaina que esta agrupación ten
mantido neste campo ao longo de toda a súa traxectoria.
Enviado por coralderuada o 20 de Septembro de 2016 ás 17:35 
Comentarios





Si deseas escribir comentarios puedes Crear una cuenta aqui.
 © Coral de Ruada | 24-06-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica