Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
» ACTO DE ENTREGA DO IV PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

Ás 21,00 horas do mércores, día 25 de setembro de 2013, no teatro Principal, terá lugar a cerimonia de entrega do IV PREMIO XABIER PRADO “LAMEIRO” á Aula de Música Tradicional "Gomes Mouro" de Ourense “polo traballo que ó longo de vinte anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos instrumentais, os traxes, as escolas, a animación sociocultural, organización de eventos culturais (Día do Orgullo Gaiteiro, Ven respirar...), etc. O seu propio nome xa nos dá unha idea de todo o que vimos de relatar, xa que Gomes Mouro foi o primeiro gaiteiro ourensán de que se ten noticia, xa que o Concello de Ourense contratouno de por vida no ano 1458.”, segundo acordou por unanimidade o xurado.

Ademais da cerimonia de entrega do premio, durante o acto ofreceranse as actuacións seguintes:
  • Representación dunha fermosa peza teatral nun acto de Xabier Prado “Lameiro” do libro “Monifates” e varias pezas breves escollidas do libro "Cóxegas e Moxetes". Van ser postas en escena polo grupo de teatro afeccionado Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro (PITA), dirixido por César Francisco González Fernández.
  • A Coral De Ruada pechará o acto con varias cantigas populares e polifónicas galegas.
A entrada é libre até completar o aforo.
Enviado por coralderuada o 22 de Septembro de 2013 ás 00:54 
 © Coral de Ruada | 23-11-2017 | 3 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica