Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
             
» FALLLO DO IV PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

No día de hoxe (21-09-2013) reuniuse o xurado nomeado pola  Coral De Ruada para estudar as candidaturas á cuarta edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.”

O xurado estaba formado por: 

Presidente:

D. Eladio Quevedo Almoina (Presidente da Coral De Ruada).

Secretaria:

Dª. Fátima María Malingre Grande (Secretaria Xeral da Coral De Ruada, con vozpero sen voto).

Vogais:

Dª. Purificación Iglesias Pateiro (Vicedirectora do Conservatorio de Música de Ourense e profesora de Piano).

D. Juan Luis Saco Cid (Catedrático de Latín do I.E.S Ramón Otero Pedrayo e vogal da Xunta de Goberno da Coral De Ruada).

D. Xosé Lois Rúa Núñez (Xornalista da Radio Galega e escritor).

D. Xulio Fernández Senra (Director do Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” e da revista Raigame).

O xurado acordou, por unanimidade: Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola Coral De Ruada de Ourense, na súa cuarta edición, correspondente ó ano 2013, á Aula de Música Tradicional “Gomes Mouro” de Ourense polo traballo que ó longo de vinte anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos instrumentais, os traxes, as escolas, a animación sociocultural, organización de eventos culturais (Día do Orgullo Gaiteiro, Ven respirar...), etc. O seu propio nome xa nos dá unha idea de todo o que vimos de relatar, xa que Gomes Mouro foi o primeiro gaiteiro ourensán de que se ten noticia, xa que o Concello de Ourense contratouno de por vida no ano 1458.

Os méritos que atesoura a traxectoria da Aula de Música Tradicional “Gomes Mouro”, non se cinguen soamente ao inxente traballo que durante estes vinte anos ten realizado no campo da recolla, conservación, interpretación e divulgación do noso folclore (que xa de por si merecería un recoñecemento explícito), senón que, ademais, sempre foi -e segue a ser na actualidade- elemento aglutinador e colaborador de grupos que traballan de xeito desinteresado a prol do noso folclore.

O inxente labor da Aula de Música Tradicional “Gomes Mouro” constitúe, polo tanto, un exemplo de traballo e de compromiso coa cultura popular galega e o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, con este galardón, non fai, senón, recoñecer os méritos e a coherencia que o colectivo ten mantido neste campo ao longo de toda a súa traxectoria. 

 


Enviado por coralderuada o 22 de Septembro de 2013 ás 00:31 
 © Coral de Ruada | 20-09-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica