Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Septembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
             
» BASES DO IV PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO (2013)Imprimir

PREMIO XABIER PRADO “LAMEIRO”

BASES

  1. A Coral De Ruada organiza e patrocina o Premio Xabier Prado “Lameiro”, de periodicidade anual, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Teatro Principal.
  2. Con este premio preténdese premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.
  3. O Premio Xabier Prado “Lameiro”, de periodicidade anual, terá carácter de recoñecemento público e, polo tanto, materializarase nun elemento simbólico entregado á persoa ou colectivo premiado. Non leva engadido, por tanto, ningún beneficio económico. O premio consistirá nunha peza artística elaborada por un creador ou creadora de Galicia.
  4. Calquera persoa -coralista ou non-, entidade ou colectivo poderá facer chegar á Xunta de Goberno da Coral De Ruada, mediante correo electrónico (info@coralderuada.com) ou correo ordinario (Coral De Ruada; Rúa da Paz, 9; 32005 Ourense), propostas de candidaturas para cada edición do premio, xuntando, con cada unha, memoria na que se detallen os méritos da persoa ou colectivo que se propoñen como candidatos ao Premio. A Xunta de Goberno da Coral De Ruada comprométese a facerlles chegar aos membros do xurado elixido cada ano toda a documentación recibida.
  5. O prazo para a recepción de solicitudes abrangue dende o 15 de febreiro até o 15 de xuño de 2013, ámbolos dous inclusive.
  6. O acto de entrega do premio, que se anunciará do modo máis axeitado, farase preferentemente arredor do 5 de outubro de cada ano -aniversario da reunión fundacional do Coro De Ruada que tivo lugar na “Villa Joaquina” da avenida de Zamora, na capital ourensá- e como homenaxe aos seus fundadores na figura de Xabier Prado “Lameiro”.
  7. Serán os membros do xurado, seleccionado para cada convocatoria pola Xunta de Goberno da Coral De Ruada, os encargados de propoñeren e votaren as candidaturas e decidiren con total soberanía a persoa, entidade ou colectivo merecente do galardón.
  8. O xurado estará constituído do xeito seguinte: o presidente e un secretario -con voz e sen voto, neste segundo caso- designados pola Xunta de Goberno da Coral De Ruada de entre os seus membros, e catro vogais designados pola Xunta de Goberno da Coral De Ruada.
  9. A Xunta de Goberno da Coral De Ruada, que actuará como organizadora deste Premio, comprométese a respectar e cumprir as decisións do xurado.
  10. As bases do premio publicaranse nun apartado específico da páxina web da Coral De Ruada (www.coralderuada.com).

Enviado por coralderuada o 15 de Febreiro de 2013 ás 14:25 
 © Coral de Ruada | 20-09-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica