Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
» ACTO DE ENTREGA DO III PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir
Ás 20,00 horas do venres, día 9 de novembro de 2012, no Paraninfo do IES “Otero Pedrayo”, terá lugar a cerimonia de entrega do III PREMIO XABIER PRADO “LAMEIRO” ao Coro Galego Histórico Cántigas da Terra da Coruña “polo traballo que ó longo de 96 anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través do canto coral, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son a danza, os grupos instrumentais, as súas vestimentas, as escolas, etc..”, segundo acordou por unanimidade o xurado.Ademais da cerimonia de entrega do premio, durante o acto ofreceranse as actuacións seguintes:
  • Representación dunha fermosa peza teatral nun acto, dividida en catro escenas, de Xabier Prado “Lameiro” titulada “Tratos”. Trátase, como deixou escrito o seu autor no libro “Monifates”, dun “Xoguete cómico nun auto e en prosa escrito en lengua gallega”. Nesta ocasión vai ser posta en escena polo grupo de teatro afeccionado Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro (PITA), dirixido por César Francisco González Fernández.
  • A Coral De Ruada pechará o acto coas cantigas: Foliada de Amoeiro, Pandeirada de Ares, Foliada de Arnoia, A cinta de namorare e Ourense ao lonxe, co que se porá o punto final a esta velada de exaltación da nosa cultura popular.
A entrada ao recinto é libre até completar o aforo.
Enviado por coralderuada o 07 de Novembro de 2012 ás 14:12 
 © Coral de Ruada | 23-11-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica