Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
» VI CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADAImprimir

Programación do VI Certame Internacional de Coros De Ruada que organiza a Coral De Ruada co patrocinio a Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense. Este Certame está incluído na programación de Festas de Ourense 2012 e conta coa colaboración do Teatro Principal e da Comunidade Franciscana de Ourense. O programa queda do xeito seguinte:

  • Domingo, 17 de xuño: Tradicional Romaría dos Amigos da Coral De Ruada en Oseira. Comezará ás 13,00 horas coa Misa cantada pola Coral na Igrexa do Mosteiro. Despois, na carballeira, xantar, música e troula até a tardiña. Os Amigos da Coral De Ruada terán pan de Cea, viño, auga e refrescos gratis.
  • Venres, 22 de xuño, ás 20,30 horas, no Teatro Principal: A Coral De Ruada ofrecerá o seu tradicional concerto dos Amigos. Os Amigos da Coral, previa acreditación, poderán recoller as invitacións o mércores, o xoves e o venres pola mañá na taquilla do teatro, repartíndose as restantes entre todo o público unha hora antes do concerto.
  • Sábado, 23 de xuño, ás 20,30 horas, no Teatro Principal: Cantares do Brión (Vincios-Gondomar-Pontevedra) e Orfeão de Águeda (Portugal). Entrada libre (recoller invitación na taquilla do teatro).
  • Domingo, 24 de xuño, ás 20,30 horas, na Igrexa dos Franciscanos (Parque de San Lázaro): Concerto a cargo dos Coros Galegos Aimil (Xinzo de Limia) e Cántigas da Terra de A Coruña. Entrada libre.

Enviado por coralderuada o 15 de Maio de 2012 ás 16:15 
 © Coral de Ruada | 20-11-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica