Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
» V CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADAImprimir
Xa está ultimada a programación do V Certame Internacional de Coros “De Ruada” que organiza a Coral De Ruada co patrocinio a Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense. Este Certame está incluído na programación de Festas de Ourense 2011 e conta coa colaboración do Teatro Principal e do Cabido da Catedral de Ourense.O programa queda do xeito seguinte:
  • Domingo, 12 de xuño, ás 20,00 horas, no Teatro Principal: Concerto a cargo dos Coros Galegos Históricos Cántigas da Terra de A Coruña e Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Entrada libre (recoller invitación na taquilla do teatro)
  • Sábado, 18 de xuño, ás 20,30 horas, na Igrexa de Santa Eufemia:  Coro da Cidade de Vila Real (Portugal) e Coral Polifónica Estradense de A Estrada. Entrada libre.
  • Domingo, 19 de xuño: Tradicional Romaría dos Amigos da Coral De Ruada en Oseira.  Comezará ás 13,00 horas coa Misa cantada pola Coral na Igrexa do Mosteiro. Despois, na carballeira, xantar, música e troula até a tardiña. Os Amigos da Coral De Ruada terán pan de Cea, viño, auga e refrescos gratis.
  • Venres, 24 de xuño, ás 20,30 horas, no Teatro Principal: A Coral De Ruada ofrecerá o seu tradicional concerto dos Amigos. Os Amigos da Coral, previa acreditación, poderán recoller as invitacións o mércores, o xoves e o venres pola mañán na taquilla do teatro, repartíndose as restantes entre todo o público unha hora antes do concerto.

Enviado por coralderuada o 09 de Maio de 2011 ás 22:03 
 © Coral de Ruada | 20-11-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica