Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Agosto  2017»
L M Mi J V S D
  123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
             
» IV CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADAImprimir
Xa está ultimada a programación do IV Certame Internacional de Coros “De Ruada” que organiza a Coral De Ruada co patrocinio a Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense. Este Certame está incluído na programación de Festas de Ourense 2010 e conta coa colaboración do Teatro Principal e do Cabido da Catedral de Ourense.O programa queda do xeito seguinte:
  • Mércores, 16 de xuño, ás 20,30 horas, no Teatro Principal: A Coral De Ruada ofrecerá o seu tradicional concerto dos Amigos. É o primeiro que se celebra baixo a dirección do novo director Xoán Antón Vázquez Casas e presentará como novidade a recuperación, despois de moitos anos, de grupo de baile.
  • Sábado, 19 de xuño, ás 20,00 horas, na Igrexa de Santa María Nai:  Coro Apóstol Santiago de Vigo e Coral Isidoriana de León.
  • Domingo, 20 de xuño: Tradicional Romaría dos Amigos da Coral De Ruada en Oseira.  Comezará ás 13,00 horas coa Misa cantada pola Coral na Igrexa do Mosteiro. Despois, na carballeira, xantar, música e troula até a tardiña. Os Amigos da Coral De Ruada terán pan de Cea, viño, auga e refrescos gratis.
  • Sábado, 26 de xuño, ás 20,00 horas, na Igrexa de Santa María Nai:  Coral Polifónica de Berres (A Estrada) e Coral Polifónico de Viana do Castelo (Portugal).

Enviado por coralderuada o 06 de Maio de 2010 ás 17:15 
 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica