Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Febreiro  2018»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728       
             
» CERIMONIA DE ENTREGA DO VIII PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

O VIII Premio Xabier Prado “Lameiro”, que organiza a Coral De Ruada para “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas” foille concedido á ASOCIACIÓN CULTURAL “REBULIR” de Ramirás (Ourense).

O acto de entrega do premio terá lugar o venres, 19 de xaneiro de 2018 no Teatro Principal de Ourense a partir das 20,30 horas.

 Ademais do acto institucional, contará coas actuacións seguintes:

 

  • Grupo de teatro Xabier Prado “Lameiro”, da Coral De Ruada, que debutará ante o público ourensán. Trátase dunha nova iniciativa da Coral De Ruada para recuperar o grupo de teatro desaparecido hai máis de 60 anos. Dirixido por César Francisco González Fernández, representará tres escenas galegas do libro “Cóxegas e Moxetes” de <Lameiro> tituladas “Costume Ribeirá”, “¡Coitados!” e “Pragas d’o agro”.
  • ASOCIACIÓN CULTURAL “REBULIR” de Ramirás (Ourense).
  • Pechará o acto a Coral De Ruada.

 

A entrada é libre, ata completar aforo, recollendo as invitacións no propio Teatro Principal.

 


Enviado por coralderuada o 17 de Xaneiro de 2018 ás 18:42 
 © Coral de Ruada | 24-02-2018 | 6 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica