Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Abril  2018»
L M Mi J V S D
            1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30           
» FALLO DO VIII PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

O 6 de outubro de 2017 reuniuse o xurado nomeado pola  Coral De Ruada para estudar as candidaturas á oitava edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.”

O xurado estaba formado por:

Presidente: D. Eladio Quevedo Almoina (Presidente de Honra da Coral De Ruada).

Secretaria: Dª. Fátima María Malingre Grande (Secretaria Xeral da Coral De Ruada, con voz pero sen voto).

Vogais:  D. Samuel Lago Fernández (Presidente da Coral De Ruada, ex-Inspector de Ensino Medio e Catedrático de Historia).

D. Gonzalo Abelairas Lemos (Titulado profesional de Música na especialidade de Gaita Galega, membro da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT)).

D. José Luis Vázquez Fernández (Inspector de Ensino Medio e Catedrático de Economía).

D. Emilio Rodríguez Portabales (Vicepresidente da Coral De Ruada, Catedrático de Sistemas Electrónicos do I.E.S. Universidade Laboral de Ourense).

O xurado acordou, por unanimidade:

Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola Coral De Ruada de Ourense, na súa oitava edición, correspondente ao ano 2017, á Asociación Cultural Rebulir de Ramirás (Ourense) polo traballo que ao longo de máis de doce anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos de baile, os grupos instrumentais, os traxes, as escolas, a animación sociocultural, organización de eventos culturais, etc.

O inxente labor de Rebulir constitúe un exemplo de traballo e de compromiso coa cultura popular galega e o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, con este galardón, non fai máis que recoñecer a coherente andaina que esta agrupación ten mantido neste campo ao longo de toda a súa traxectoria.

 


Enviado por coralderuada o 17 de Xaneiro de 2018 ás 18:38 
 © Coral de Ruada | 20-04-2018 | 4 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica