Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
» III CERTAME INTERNACIONAL DE COROS “DE RUADA”Imprimir

Por atoparnos na celebración do noso 90º Aniversario, quixemos programar unha nova edición do Certamen na que participaramos os catro Coros Históricos Galegos e un Coro Histórico Portugués, o Orfeão de Águeda que foi fundado en 1916. Completan o programa un coro de recente creación procedente da cidade irmá de Vila Real (Portugal) e un coro de Valladolid. Os concertos volven de novo ao teatro Principal. Como enedicións anteriores, o Certame está patrocinado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense e incluído na programación das Festas do Corpus Ourense 2009. Deste xeito, o programa queda do xeito seguinte:

  • Sábado, 20 de xuño: Orfeão de Águeda (Portugal) e Cántigas da Terra da Coruña.
  • Domingo, 21 de xuño: Coro da Cidade de Vila Real (Portugal) e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
  • Venres, 26 de xuño: Coral De Ruada ofrecerá o seu tradicional concertó dos Amigos. Contará coa colaboración da excoralista Cristina Pato e con Manuel e Olga Brañas, do grupo Brañas Folk.
  • Sábado, 27 de xuño: Coral La Enseñanza de Valladolid e Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.
  • Domingo, 28 de xuño: Misa cantada (13,00 horas) pola Coral La Enseñanza de Valladolid na Catedral de Ourense.

Enviado por coralderuada o 17 de Xuño de 2009 ás 20:44 
 © Coral de Ruada | 24-06-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica