Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Novembro  2017»
L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             
» ACTO DE ENTREGA DO VII PREMIO XABIER PRADO LAMEIROImprimir

Como xa informamos con anterioridade, o VII PREMIO XABIER PRADO “LAMEIRO” que organiza a CORAL DE RUADA foille concedido á Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.

A cerimonia de entrega do premio terá lugar o vindeiro venres, día 7, a partir das 20,00 horas no Liceo de Ourense e desenvolveráse do xeito seguinte:


 

  • Breve semblanza sobre a vida e a obra de Xabier Prado “Lameiro”.
  • Representación do sainete galego en prosa <<Os trasacordos de Mingos>> de Xabier Prado “Lameiro”. Estará a cargo do grupo de teatro afeccionado Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro (PITA), dirixido por César Francisco González Fernández.
  • Interpretación do <<Dúo de Maripepa e Manoel>> da zarzuela galega <<Miñatos de vrán>> do Mestre Vide, a cargo de Ilduara Perianes e Xerardo Gómez, acompañados ao piano por de Irma Fernández.
  • Acto formal de entrega do premio aos representantes de Cantigas e Agarimos: diploma, busto en bronce de Xabier Prado “Lameiro” realizado por Manuel García de Buciños e un exemplar da edición facsimil das súas Obras Completas.
  • Actuación da CORAL DE RUADA, que pechará o acto ofrecendo unha breve mostra do seu repertorio.

 

A entrada é libre, até completar aforo, e gratuíta.

Enviado por coralderuada o 30 de Septembro de 2016 ás 19:14 
 © Coral de Ruada | 23-11-2017 | 3 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica